Putin “contense” e non declara a guerra

Carmen P. Flores

O mundo enteiro estaba pendente este luns, 9 de maio, do discurso do presidente ruso Vladimir Putin o Día da Vitoria, en conmemoración da derrota da Alemaña nazi en 1945.


Tivo como escenario a Praza Vermella de Moscova, coa presenza de 11.000 soldados vestidos cos seus mellores uniformes de gala que querían escenificar a grandeza do imperio do novo tsar que pretende o rexurdir da antiga Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, coma se os tempos non cambiasen. O acto pretendeu ser unha demostración de forza.


Con ese escenario que pode chegar a impresionar - ese era o seu obxectivo- o discurso do novo tsar foi máis cauteloso do previsible, o que se interpreta como un raio de esperanza nesta tormentosa guerra . É importante sinalar o que dixo o mandatario ruso, pero, sobre todo, o que non dixo, que é o máis importante: non fixo ningunha referencia á enerxía nuclear, nin anunciou ningunha nova escalada - invasión a outros países-, nin falou do triunfo na invasión de Ucraína, Se en cambio recoñeceu por primeira o custo en vidas humanas - económico tamén é alto- que tivo o exército ruso na invasión.


A pesar da pomposidade da posta en escena do festexo, por certo, con certo cheiro a naftalina, Putin non recorreu á retorica nacionalista, nin sequera utilizou un ton triunfalista. Empezou o seu discurso falando do paralelismo entre os veteranos e os soldados que loitaban en Donbass, para rapidamente explicar os motivos que lle levaron a invadir Ucraína, cunha versión moi propia del. Como era de esperar, a OTAN foi un dos seus obxectivos dialécticos á que acusou de ter uns “plans” diferentes para Rusia. E era necesario plantar cara aos inimigos, que son os países que forman parte do organismo.


A máis diso a OTAN, o gran inimigo para Putin volveu a ser EEUU, como na etapa da Guerra Fría que algúns cren que volveu de novo. Ninguén lembra que nun lugar tan significativo como a Praza Vermella, un presidente ruso haxa realizado un ataque tan directo como o efectuado por Putin. Parece que o ditador paranoico consideraba necesario para o seu exército, seguidores e países amigos o mostrar publicamente o menosprezo que sente por EEUU. Era o que algúns esperaban da intervención para non menoscabar a súa debilidade estratéxica e económica, que é o que máis lle preocupa nestes momentos. Para xustificar o seu belicismo, Putin lembrou como os inimigos de Rusia tentaron utilizar a grupos terroristas internacionais para desestabilizar o país en todos os ámbitos.


O que todos esperaban con temor e angustia: unha declaración de guerra, non se produciu, nin ningunha declaración de mobilización xeral, nin declaración triunfalista. O que se pode interpretar como un desgaste que lle produciu o elevado número de mortes dos seus soldados. O custo económico e social está a afectarlle máis do que nun principio previra.


Estarán a pensar en retirarse de Ucraína tras un pacto que non lles deixe como perdedores?.Todo é posible, sobre todo cando o diñeiro que ten fóra de Rusia - moitos millóns de dólares- poidan chegar a perdelo. Segundo o xefe da diplomacia da Unión Europa, Josep Borrell, o diñeiro de Putin e dos seus oligarcas poderíanse utilizar para a reconstrución de Ucraína.


Pasada esta data tan esperada e vendo o sucedido, este 9 de maio tan esperado poida que a situación cambie as cousas. Esperemos que poida ser así, xa hai demasiadas persoas mortes, un país destruído e máis de cinco millóns que tiveron que marchar fóra de Ucraína.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE