O SERGAS rexeita oír o testemuño dos compañeiros da médica expedientada por sacar unha paciente do corredor


A Xunta négase a tomar testemuño aos compañeiros da doutora Fátima Nercellas no expediente sancionador contra ela. Así figura na recente resposta do SERGAS ás alegacións da urgencista do Hospital de Santiago (CHUS).


|

A Xunta négase a tomar testemuño aos compañeiros da doutora Fátima Nercellas no expediente sancionador contra ela. Así figura na recente resposta do SERGAS ás alegacións da urgencista do Hospital de Santiago (CHUS).


Pacientes no corredor de Urxencias do CHUS nunha foto de arquivo remitida pola Asociación de Pacientes

Pacientes no corredor de Urxencias do CHUS nunha foto de arquivo remitida pola Asociación de Pacientes 


A EOXI do SERGAS de Santiago abriulle un expediente por sacar a un paciente grave dos corredores de urxencias do CHUS. A sanción lle podería supoñer a perda da súa praza. 


SOLICITUDE DE PROBAS

Nercellas alegou que non hai probas de que o traslado desta paciente provocase descordinación e caos, como afirma a EOXI. A urgencista pediu que o expediente sancionador recollese o testemuño dos sanitarios que tamén traballaban ese día  con ela e os rexistros informáticos dos programas de xestión do CHUS. 


Nin unha cousa nin a outra. O SERGAS di  que bástalle o testemuño de dous superiores de Nercellas para estimar que puido saltarse as normas e xerar caos. 



Así que a Xunta non permite achegar máis probas ao expediente, algo que podería vulnerar a capacidade e o dereito de defensa da doutora, pois a Administración ten a obrigación legal de considerar calquera proba que poida ser determinante, como evidentemente é o relato das persoas que observaron os feitos e os rexistros informáticos do suposto caos xerado.


Hai que ter en conta, ademais, que os seus compañeiros de Urxencias do CHUS xa declararon publicamente que Nercellas sempre actúo de maneira correcta, argumentando que os médicos, máis aló do que digan os protocolos, deben, nalgunhas circunstancias, tomar decisións para cumprir coa súa máxima obrigación, que é socorrer aos enfermos.  







A Xunta de Persoal do CHUS e a Asociación de Pacientes tamén tomaron partido en favor da urgencista. Os traballadores lembraron que Nercellas foi unha das voces máis activas nas denuncias contra os recorrentes episodios de colapso das Urxencias que o CHUS viviu ata hai uns meses, cando se ampliaron as instalacións. Colapsos que puideron contribuír ao falecemento de varios pacientes no corredor de urxencias ou despois de pasar horas neles, motivos polos que a Xustiza chegou a investigar a varios cargos do SERGAS. 


Os traballadores do CHUS interpretan, por tanto, o expediente a Nercellas como unha represalia, un intento de acalar a voz de Nercellas e de todos os profesionais que protestan. Por agora, case 4.900 persoas déronlle a súa apoio a través da plataforma Change.org.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE