O Porriño desde lonxe

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Esperamos ver que o novo alcalde ou alcaldesa busque o ben dos veciños e non atenda só á continuidade da súa ideoloxía no Concello. Os cidadáns están fartos de comulgar con rodas de muíño, e ao final coa mesma vara que mides, hante medir. 

Hai algunhas semanas comentamos desde este xornal que as ideoloxías amóldanse aos novos tipos sociais. Por iso temos que facer unha parada no acontecido no Concello do Porriño. Polo visto a Alcaldesa “vaise con amargura” despois de pedir perdón pola súa actuación e xustificando a súa dimisión con non servir de “obstáculo a un governo de esquerdas”. A pregunta vai parella da polémica cando tomando distintos camiños van destruíndo as construcións existentes. E a fin de contas iso é o que importa.


Os veciños do Porriño están fartos de sufrir que uns fagan e otros desfagan. Pero o máis preocupante é o excesivo control por parte da policía local do Porriño. Hai que dicer que desde lonxe, os visitantes sufren constantes denuncias dalgúns axentes polo estacionamento dos coches cando os pais deixan aos seus fillos na escola. A sensación de indefensión chega a límites nos que, sen molestar a ninguén e con persoas dentro do coche, os axentes non entran en razón e seguen sancionando por sistema. Esto repercute nas visitas ao Porriño. As persoas prefiren pasar de largo ao saber que desde a Alcaldía non se busca solución ningunha. Entre as posibles solucións está a tolerancia dos axentes e entre outras cousas, a oferta aos pais dun camiño escolar.


Esperamos ver que o novo alcalde ou alcaldesa busque o ben dos veciños e non atenda só á continuidade da súa ideoloxía no Concello. Os cidadáns están fartos de comulgar con rodas de muíño, e ao final coa mesma vara que mides, hante medir. 




La alcaldesa de O Porriño, Eva García De la Torre (d), se abraza a una mujer a su llegada a una comparecencia para anunciar su dimisión, en el Salón de sesiones del Ayuntamiento, a 23 de noviembre

A ex-alcaldesa de O Porriño, Eva García De la Torre (d),  no Salón de sesiones  a 23 de noviembre 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE