Por qué nos manifestamos el 14 de noviembre

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

 Temos que parar isto e dicir non ás colas na rúa para acceder aos Centros de Saúde. Non, a ter que facer varias chamadas telefónicas para contactar co centro. Non ás listas de espera de días ou semanas


Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública da Galiza, convocamos á manifestarnos, na Alameda de Compostela, o domingo día 14 de novembro, as 12 h.


Os motivos para saír a rúa, son dicirlle ao sr. Feijoo que con esta política sanitaria de desmantelamento, só se provoca morbilidade e mortalidade por afeccións que podrían evitarse de ter un Sistema Sanitario Público ben dotado, tanto de persoal como de infraestructuras. Si dende a administración sanitaria dín “que van construír 50 Centros de Saúde nesta lexislatura”, a pregunta do millón é preguntarlles con que persoal os van dotar? Si dín que non teñen Médicxs para os Centros que temos na actualidade, con quen se dotarán os do futuro? É a política de dicir que van facer, sin facer nada (recordemos as Residencias que dixo que faría a administración do PP: “en cada capital de Área Sanitaria”: e seguimos esperando pola primeira!

Levamos 12 anos de gobernos do PP (con 4 conselleirxs de sanidade) e un mesmo “administrador” do Sistema, que nos levou a unha política baseada nos recortes e no desmantelamento da Sanidade Pública. Esto ten un claro responsable: Feijóo.


Xubilación de profesionais, contratacións en precario, falta de sustitutxs nas consultas, peche de Centros, soldos de miseria para carreiras que costa moito esforzo conseguir, etc. fomentan a marcha de traballadorxs a outros servizos de saúde, que prestixen aos traballadorxs e a profesión sanitaria (e non gastan un peso en formalxs) sen que a Consellaría de Sanidade tome medidas. No ano 2022, teremos menos orzamento que no 2009. Retiráronse as Xerencias de AP. Elimináronse Áreas Sanitarias. Desapareceu a Participación Cidadá ca non posta en marcha dos Consellos de Saúde de Área e o Consello de Saúde de Galiza. Néganse a incorporar novxs profesionais, para garantir unha AP integral: Psicólogxs Clínicxs, Terapeutas Ocupacionais, Fisioterapeutas, etc. Xestionan a sanidade con titulares de prensa e co “imos facer”...


A poboación galega e xs profesionais, son xs que sofren as graves consecuencias desta situación, cun goberno galego que segue sen escoitar, e sen tomar medidas efectivas para modificar esta situación. As conclusións do Consello Técnico de AP siguen sin aplicarse, pero sí: a administración invirte en ordenadores, impresoras, e agora en pintar e renovar Centros de Sáúde: todo importante, pero sempre menos que dotar de persoal aos Centros que teñen as súas consultas masificadas, con 40-50 persoas diarias, algo que queima aos profesionais e non permite unha calidade asistencial axeitada.


Temos que parar ísto e dicir NON: ás colas na rúa para acceder aos Centros de Saúde. Non, a ter que realizar múltiples chamadas telefónicas para conectarse co Centro. Non as listas de agarda de días ou semáns, incompatibles coa AP, que colapsan os PACs e as urxencias hospitalarias e favorecen a privatización. Non ao peche dos Centros de Saúde Periféricos, que discrimina á poboación do rural, que xa ten a molestia da dispersión e que ademáis está envellecida, cos problemas de mobilidade e o Non uso das técnicas modernas. Non á consulta telefónica e telemática como eixo da asistencia, en detrimento da presencial. Non ao recorte de persoal e a situación de inestabilidade e precariedade laboral nos Centros. As persoas que usamos a Sanidade Real, temos que poder dicirlle ao sr. Feijoo como está de verdade a asistencia sanitaria...


É inaceptable que moitxs enfermxs teñan que recorrer ao sistema privado para recibir atención. É necesario recuperar a atención integral, a promoción, a prevención, a rehabilitación e o traballo comunitario.


É imprescindible ter un orzamento finalista para a AP, que supoña o 25% do orzamento sanitario. Ter máis persoal e un Novo Modelo de Atención Primaria digno, integral, accesible e de calidade.


Por todo o exposto, teremos a Manifestación o día 14 de novembro, ás 12 h. na Alameda de Compostela. Acude!



Manifestación en Santiago de  Compostela de los médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar mayor tiempo de atención a sus pacientes


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE