Ferroatlántica para un dos fornos de Sabón (A Coruña) pola alza da luz e a CIG prevé despedimentos

Deter un forno obriga a gastar moitísima enerxía para encederlo de novo. Por iso o pasos executado hoxe non apunta  a nada bo para o futuro a planta da Coruña.



|

Deter un forno obriga a gastar moitísima enerxía para acendelo de novo. Por iso o pasos executado hoxe non apunta  a nada bo para o futuro a planta da Coruña.


O sindicato denunciante, a CIG, convoca concentracións o vindeiro domingo en 20 localidades para protestar pola subida do prezo da luz, que pon en risco o emprego en industrias electrointensivas como esta ou Alcoa San Cibrao.


Protesta en FerroAtlantica nunha foto da CIG

Protesta en FerroAtlantica nunha foto da CIG 


A CIG denunciou a comunicación por parte de Ferroglobe- Ferroatlántica da intención de paralizar un forno na fábrica de Sabón "e que probablemente derivará a produción a outras plantas que o grupo ten fóra do Estado español porque considera insostible o actual prezo da enerxía".


Nun comunicado, a sección sindical reclama á empresa "que non utilice o custo da electricidade como xustificación para destruír empregos e deslocalizar a produción, tendo en conta a rendibilidade que está a obter pola boa situación do mercado de silicio e que saca a materia prima de minas galegas como a de cuarzo de Serrabal".

"O crecemento da demanda e a subida do prezo do silicio no mercado auguraban que este sería o ano da recuperación para a fábrica de Sabón". "De feito, a empresa comezou 2021 arrincando o forno 3 e logrando beneficios no primeiro trimestre", argumenta a CIG.


DESPEDIMENTOS

Con todo, engade que, agora, "a causa da imparable alza no prezo da electricidade, a dirección decidiu paralizar a actividade dun forno e xa advertiu que probablemente derive a produción de Sabón a outras plantas. Esta medida implica, ademais, o despedimento do persoal eventual e do persoal das empresas auxiliar pola falta de carga de traballo", apostila.

Neste contexto, a CIG reclama aos gobernos central e autonómico "medidas urxentes para poñer en marcha unha tarifa industrial máis xusta, competitiva e predicible que remate coa permanente ameaza á continuidade produtiva e aos empregos no sector electrointensivo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE