As ansias dalgunhas persoas, lóxicas por unha banda, de ser vacinadas para evitar que o covid forme parte das súas vidas, están a ser satisfeitas: a vacinación está a chegar agora a bo ritmo á cidadanía, por tramos de idade. A variedade de vacinas --e os efectos nada bos que algunhas delas están a producir-- provoca que algunhas persoas teñan dúbidas razoables sobre que pasará tras ser vacinadas. Pregúntanse se os efectos secundarios que se empezan a coñecer, algúns con fatal desenlace, van afectar ou non. É unha reacción humana e merece respostas.
Segundo vaise coñecendo, hai algunhas vacinas mellores que outras, aínda que se tente dicir que non é así. É o caso da tan controvertida AstraZeneca que foi vetada nalgúns países. En España a pesar de ser utilizada xera dúbidas, desconfianza e mesmo alarma. As informacións que chegan non deixan lugar á tranquilidade, esa é a verdade.
Hei de confesar que non son moi partidaria das vacúas, ningunha. O pasado ano vacineime por primeira vez da gripe. Fíxeno por responsabilidade coa persoa coa que convivo, persoa de risco. No caso da do covid, guíame a mesma responsabilidade cara aos demais, pero non me gusta.
@EP
Así que, co receo correspondente, acudía ao momento que me asignaban para poñer o brazo esquerdo e recibir a dose correspondente de AstraZeneca, a que non me gustaba, se é que me gusta algunha. Moita cola, pero ben organizada.
A primeira parada para os que estabamos alí: acreditarse coa tarxeta sanitaria. Alén do mostrador un funcionario, -- con pouca empatía--, e pregunteille se despois das últimas noticias sobre AstraZeneca: os que recibiran a primeira dose, non estaba claro de recibir a segunda. O meu interlocutor díxome que non sabía nada, que non tiña información e que esa pregunta fixésella á consellera. A miña resposta foi que a consellera non estaba alí nese momento e que el era o seu representante. Con xesto desagradable espetoume que, se non quería poñerma, estaba no meu dereito. Respondeulle que iso xa o sabía, que ata aí chegaba. Así que, non querendo empezar o día discutindo, funme dicíndolle que tivese unha boa xornada. Aínda que o meu interior podía mandalo onde os lectores poden imaxinar.
Despois chegou a enfermeira, moi amable e profesional e disposta a contestar as preguntas: Poñeranme a segunda dose? Cando? Contestoume que si se poñerá e será dentro de tres meses... Axústase á decisión tomada pola Comisión de Saúde Pública, que non hai tantos días afirmou que a segunda dose de Astrazeneca atrásase entre 4 e 6 semanas, á espera dos resultados do estudo CombiVacs que avaliará a conveniencia ou non dunha segunda dose da vacina Pfizer nas persoas vacinadas coa primeira dose de Astrazeneca.
Pero a pregunta é Por que se segue vacinando con Astrazeneca, e non directamente por Pfizer ou Moderna? Porqué compráronse moitas doses da vacina inglesa e hai que gastala? Ao final as persoas coas vacinas pásanos como aos pementos de Padrón, “uns pican e outros non”. A diferenza é que os efectos da picazón dos pementos pódense solucionar e os outros, con sorte, e varios paracetamoles, alívianse. Se os coágulos non fan das súas.
O que quero dicir é que falta información e persoas que saiban dala. É normal que a xente se intranquilice ou sinxelamente teña medo, pero unha boa información tamén pode servir de antídoto contra o medo ao Covid.
Escribe o teu comentario