Imputado por homicidio o presunto asasino da veciña de Oza-Cesuras que recibiu un disparo na caluga

O alcalde pide "xustiza" e confirma que a vítima recibiu un disparo na caluga

|

O detido, que permanece ingresado no CHUAC, pasará a disposición xudicial acusado de homicidio.


Foi o alcalde da localidade o que confirmou que a victima faleceu por un disparo na caluga. 


Garda civil



A Garda Civil imputa un delito de homicidio ao home detido como presunto autor da morte dunha muller na súa vivenda de Oza-Cesuras (A Coruña), segundo informou a Benemérita.


O home segue ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) ---onde foi trasladado tras ser detido--, precisaron as mesmas fontes, que indicaron que este luns pasará a disposición xudicial "pero non será trasladado a dependencias xudiciais pola súa situación médica".


Mentres, o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, confirmou, nunha concentración convocada ante o consistorio, que a muller morreu tras recibir "un tiro na caluga".

Nun acto convocado polo concello, que decretou tres días de loito oficial por un crime perpetrado a última hora do venres, o alcalde asegurou que Cristina, a falecida, foi "asasinada".


"Unha persoa asasinada dun tiro na caluga", dixo en referencia ás circunstancias da súa morte e na intervención que pronunciou ante case o centenar de persoas que se sumaron a esta concentración.


UNHA "BOA PERSOA"

Da falecida, destacou que era "unha boa persoa, que desenvolvía o seu traballo de maneira exemplar". Tamén resaltou que son moitos as que a "botan de menos", aludindo ás chamadas que dixo recibir esta fin de semana.


Tras o sucedido, asegurou que piden que leve a cabo "a xustiza que sexa necesaria canto antes" e que "se aceleren as investigacións".


Cos tres días de loito decretados, as bandeiras do consistorio permanecerán ondeadas a medio mastro ata este luns por un crime que tivo lugar pouco antes das 20,00 horas do venres nunha vivenda unifamiliar do lugar de Porzomillos, onde residía a muller e a súa familia.

Inicialmente, as hipóteses da investigación centráronse en que o home entrou na vivenda coa intención de roubar e puido ser sorprendido pola muller.

Tras os feitos, o detido emprendeu a fuxida, durante a cal resultou ferido, e refuxiouse nunha leira próxima, onde momentos despois foi detido pola Garda Civil. Con todo, tivo que ser trasladado por unha ambulancia ata o Hospital da Coruña, onde continúa ingresado. Foron os veciños da muller os que deron a voz de alarma ás autoridades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE