Residentes nas 70 localidades confinadas poderán saír do municipio para matar lobos e xabarís

A Asociación Agraria de Galicia valora que se poña en marcha para esta fin de semana e Libera critica a medida

|

Licenza para matar. A Xunta, a pesar da emerxencia sanitaria e as restricións que pasan sobre 70 municipios, entre eles as sete cidades, autoriza aos cazadores para moverse libremente por toda Galicia para participar en cacerías. 


Ademais, autoriza a realizar con liberdade de movemento polo territorio aquelas batidas por motivos de danos na agricultura ou gandería ocasionados por xabaril e/ou lobo.


Xabaril, monte, caza, bosque.



A Xunta publicou unha circular pola que os cazadores poderanse mover por toda Galicia, a pesar das restricións para entrar e saír de case 70 concellos, para participar en batidas de xabarís ou lobos.

Nesta resolución asinada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, apúntase que se permiten as cacerías de xabaril aprobadas para a tempada 2020-21 nos plans anuais dos Tecor.

Así mesmo, pódense facer con liberdade de movemento polo territorio aquelas batidas por motivos de danos na agricultura ou gandería ocasionados por xabaril e/ou lobo --requiren da súa comprobación previa por parte de xefaturas territoriais--, así como por accidentes de tráficos graves reiterados nun mesmo punto.

No caso de que as accións de caza impliquen máis dunha persoa, débese dispoñer de un plan de actuación por parte do responsable da cacería, no que se detallen as medidas de prevención e hixiene.

A Xunta lembra que os cazadores teñen que gardar as distancias de seguridade, levar a máscara e non poden compartir utensilios de caza nin comida ou bebida.


REACCIÓNS 

Respecto diso, a Asociación Agraria de Galicia celebra que a Consellería de Medio Ambiente atendese a súa petición de declarar a caza maior como "actividade esencial".

Valora que, "a partir desta fin de semana, poderán desprazarse por toda a comunidade tanto os afeccionados federados como os non federados" e poderán reunirse con outros cazadores "cos que non convivan".

Pola súa banda, Libera denuncia "a enésima cesión" da Xunta ao "lobby procaza". "Mentres decenas de municipios teñen limitacións de mobilidade conséntese o libre desprazamento dos escopeteros", reproba.

Nun comunicado, a asociación animalista censura que "non existe ningún informe ou estudo que avale a necesidade destes desprazamentos polo territorio".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE