ÚLTIMA HORA: Polo menos 21 novos contaxiados de coronavirus na Mariña e 42 en toda a provincia de Lugo desde onte

O rebrote de coronavirus na Mariña suma polo menos 21 novos casos desde onte pola mañá. Así o acaba de comunicar o SERGAS en nota de prensa.



|

O rebrote de coronavirus na Mariña suma polo menos 21 novos casos desde onte pola mañá. Así o acaba de comunicar o SERGAS en nota de prensa. As cifras oficiais implican que o covid-19 está a acelerar no resto da provincia de Lugo.


Hai 165 casos activos na comarca, sen contar os 25 enfermos que xa sen curaron. Por tanto, o rebrote acumula un total de 190 contagios na cousa lucense.


Estes 21 novos positivos da Mariña supoñen un ligero descenso desde a cifra de onte, cando houbo un aumento 23 positivos. O brote, con todo, dista de estar controlado a tres días de que os mariñáns teñan que acudir a votar nas eleccións galegas.





No resto da provincia, hai hoxe 25 casos activos, 3 máis que onte. 


O total de casos activos en toda a provincia de Lugo é de 190, 24 máis que onte. Deles, 184 están illados nos seus domicilios, son 24 máis que onte.


Dado que desde onte houbo 18 altas en todo Lugo, o número de novos contagios hoxe en toda a provincia de Lugo é de 42 novos positivos, dos cales polo menos 21, a metade, son da Mariña


Polo menos, porque é imposible calcular cuantos novos contagios houbo onte na Mariña, dado que a Xunta non facilita a cifra de recuperados onte na comarca. Si indica que desde o principio do brote houbo 25 altas na Mariña.




4pSLe rebrote de coronavirus na mari a e provincia de lugo



BURELA PARECE SER O EPICENTRO

A maior parte dos casos parecen estar na vila de Burela, posto que o Goberno de Galicia estima que levantará a corentena en toda a zona, salvo nesa poboación e en "algún outro municipio".


En Burela localizouse unha traballadora de  positiva en unha residencia. Hai seis anciáns illados no asilo, xestionado directamente pola Xunta.


O primeiro caso de infección do brote de covid-19 detectouse o martes 23 de xuño. A partir desta confirmación inicial, realizouse un seguimento e analizáronse todos os contactos das persoas afectadas, lembra a Xunta.


Afortunadamente, non hai máis ingresados en hospital. Tampouco ningún paciente necesitou ata o de agora entrar na UCI. Seguen sendo seis os ingresados en planta, cinco no Hospital de Costa de Burela e un no HULA de Lugo. 






relacionada ​Hai polo menos unha vintena de persoas illadas e catro positivos confirmados en Ribadeo, informa o Concello
relacionada O positivo por coronavirus dunha traballadora dunha residencia de Burela obriga a illar a cinco usuarios
relacionada O SERGAS confirma 24 novos casos na área de Lugo, mentres a de Ourense queda cun único caso activo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE