O SERGAS confirma 24 novos casos na área de Lugo, mentres a de Ourense queda cun único caso activo
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian unha xornada máis a descompensada situación que se vive hoxe en Galicia entre as sete áreas sanitarias existentes na comunidade. A área de Lugo segue sufrindo os efectos do brote da Mariña e nas últimas 24 horas suma 24 novos casos. É o maior pico no últimos tres días e provocou que Galicia some, no seu conxunto, once casos máis desde onte, o que supón á súa vez a maior subida na comunidade en meses. A outra cara da moeda é a área sanitaria de Ourense, con só un caso activo.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian unha xornada máis a descompensada situación que se vive hoxe en Galicia entre as sete áreas sanitarias existentes na comunidade.
A área de Lugo segue sufrindo os efectos do brote da Mariña e nas últimas 24 horas suma 24 novos casos. É o maior pico no últimos tres días e provocou que Galicia some, no seu conxunto, once casos máis desde onte, o que supón á súa vez a maior subida na comunidade en meses. A outra cara da moeda é a área sanitaria de Ourense, con só un caso activo.
A situación na área luguesa preocupa e moito ás autoridades sanitarias, sobre todo se temos en conta que faltan unhas horas para que se levanten as restricións de mobilidade, xa que o confinamento da Mariña, anunciado o pasado día 5 de xullo, ten un vixencia de cinco días. Atendendiendo a que as cifras ofrecidas desde a área de Lugo rexistran 18 altas dadas no día de onte e que o número total de novos casos é de 24 máis, podemos estimar que o número total de novos contagios nas últimas horas é de 42, aproximadamente.
Doutra banda, a Xunta descartou onte que se puidesen realizar modificacións no proceso electoral deste domingo, onde están chamados ás urnas todos os galegos, incluídos aqueles que arroxaron un resultado positivo nos PCR e aos que non se lles pode negar o seu dereito para votar.
Ademais da área de Lugo, a outra área que sofre hoxe un repunte é Santiago de Compostela, que rexistra un caso máis desde onte, un episodio similar aos rexistrados esta semana na Coruña e en Pontevedra, que tamén sumaron un caso máis. En ningunha das tres áreas preocupa especialmente a situación e a herculina mesmo xa mellorou as súas cifras desde que notificou o repunte.
ÁREAS EN DESCENSO
A mellor noticia deste xoves chega desde a área de Ourense, que hoxe conta con só un caso activo. A área auriense tivo un comportamento exemplar desde que Galicia comezou a aplanar a curva. Salvo en contadas ocasións, a área ourensá tivo un descenso case constante no seu número de casos activos e hoxe queda ás portas de ser a primeira das áreas galegas en librarse dunha vez por todas do coronavirus, polo menos no que se refire aos casos xurdidos desta primeira onda da enfermidade.
As áreas que tamén perden casos activos esta xornada son A Coruña, con tres casos menos, e Vigo, que rebaixa as súas cifras en unha decena no que é o maior descenso deste día. Doutra banda, Pontevedra e Ferrol seguen con tres e dous casos activos, respectivamente.
MEDIA MÓBIL
Esta subida de hoxe ten consecuencias inmediatas na media movil e a media diaria, provocando que toda a comunidade teña que dar un paso atrás despois do avance rexistrado onte. É, ademais, a segunda vez en tres días que Galicia rexistra un valance alcista no referido a novos casos.
A escalada de casos en Galicia, explicado non só pola crise da Mariña senón polos repuntes puntuais doutras áreas e o letargo no que entraran as áreas desde fai máis dun mes, levan á comunidade para contar cun orcentaje de variación de casos diarios de coronavirus do 4,5%. Onte era do -4,3%, mentres que o martes, que tiña as mesmas cifras que ten hoxe a comunidade, foi do 0,8%.
Ademais, os descensos dos últimos días que situaban onte a media móbil semanal por encima do -3% hoxe vuelvenn a rebaixar este índice: -2,9%.
Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este xoves 9 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 256, dos cales 22 son da área da Coruña, 190 de Lugo, 1 de Ourense, 3 de Pontevedra, 24 da área de Vigo, 14 de Santiago e 2 de Ferrol.
Escribe o teu comentario