Galeusca segue aínda viva

Manuel Fernando González Iglesias

Volven as eleccións en Galicia e Euskadi, non así en Catalunya, onde o fervor patriótico de Quim Torra freouse en seco á vista do panorama político que atenaza aos seus en pleno coronavirus. Non interesa ir votar nestes momentos, porque Esquerra pode facerlle aos seguidores de Puigdemont e Torra un traxe que lles desprace da gobernabilidade por bastante tempo, e iso é malo para as alianzas, presentes e futuras, e sobre todo para o mellor desenvolvemento do procés, que require de novas negociacións e valerosas estratexias. Esquerra espera comerse a maior parte do pastel independentista e os seus dirixentes animan a que se cociñe a “torta electoral” canto antes, pero o cociñeiro da Plaça de Sant Jaume non está polo labor e foxe de datas e conversacións inmediatas.



Galeusca




En cambio, en Galicia e Euskadi, dous dirixentes moderados de dúas forzas políticas antagónicas, decidiron volver pactar para fixar a data do 12 de xullo próximo como a idónea para que galegos e vascos acudan ás urnas para reelixirlles como presidentes de dous das tres nacións sen estado que temos en España reeditando o aroma que en 1923 propiciou a histórica Galeusca na que tamén cabía Catalunya. Hai cousas que nunca morren e esta é unha delas.


O certo é que tanto Feijoo como Ukullu non o van a ter fácil para renovar os seus respectivos mandatos. Especialmente o dirixente ourensán quen, a pouco que lle fallen os cálculos, un deputado soamente, pódese quedar sen a súa maioría absoluta que, como é sabido por todos, élle indispensable para gobernar. Nada novo baixo o sol, xa que tamén a Manuel Fraga os fillos de Breogán  impuxéronlle esa barreira electoral para tomar o poder en 1993, fazaña que perpetuou ata o dia da súa morte. Feijoo imitoulle no 2009 e aí continua durante xa once longos anos que pretende reeditar por cuarta vez cun máis difícil aínda  nos últimos meses onde as enquisas éranlle moi desfavorables. Agora o seu rol electoral ha cambiado, e como Urkullu subiuse ao cabalo da moderación para apostar por se mesmo e deixar a PSOE e Nacionalistas co mel da vitoria nos beizos. Hai que recoñecer, que o seu partido o PP que camiña desbocado cara á confrontación social hallo posto a ovo ao deixarlle expedito o seu papel de home de Estado, un gran protagonismo que en campaña electoral votan de moi bo grao os votantes españois, e de forma moi especial os galegos. Con todo, como se di nos ambientes de Champions. Hai partido.Quen llo ía a dicir hai só un mes ao fillo predilecto de Vos Peares, un nó geodráfico onde o mítico Rio Sil entrega todo o seu caudal ao pai Miño?. Volverán xuntar en Galicia os votos do centro nacionalista, a dereita máis española, socialdemócratas desengañados como Paco Vazquez para ungir de novo a Alberto Núñez Feijoo?. Un dilema verdadeiramente apaixonante.


Sobre Euskadi, pouco ocórreseme especular. É posible que Urkullu, co da xestión do Coronavirus, perda algún deputado, pero moito témome para desgraza dos seus rivais que o seu pacto de goberno cos socialistas  garántelle de novo a Lehendakaritza sen maiores abafos. Se non é así, a sorpresa sería maiúscula.


Volvemos respirar os aires que tanto gustaban ao meu admirado Castelao, aínda que non sexan os mesmos, Galeusca segue aínda viva, aínda que os cataláns de agora volvéronse a descolgar da idea e fixéranlle un feo histórico aos seus moi ilustres antepasados asinantes do pacto de 1923.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE