Xa hai mesa de dialogo, e agora que?

Carmen P. Flores

O tempo, a distancia, e a boa vontade son, entre outros, os elementos que axudan a corrixir desencontros, iso din. Por fin, a mesa de diálogo sobre Catalunya comezou a andar este mércores coa súa primeira reunión no palacio da Moncloa. É un primeiro paso, din as partes implicadas, aínda que a mesma non vai supoñer un paseo triunfal dada as posicións das dúas partes: goberno de España e goberno catalán.


PedroSanchezdialogo




A escenificación da chegada do president Torra ao complexo presidencial, sendo recibido polo presidente Sánchez, que nesta ocasión descendera polas xa clásicas escaleiras, e o seu saúdo máis que cordial, debería ser estudado nas escolas diplomáticas e sobre todo nas de negocios. O recibimento foi como un agasallo envolto en papel de celofán, cun gran lazo vermello que culminaba a operación. As imaxes para a Catalunya independentista foron moi logradas. O mesmo que a imaxe do presidente Torra que fixo debut e despedida e colmou as súas aspiracións antes de marchase da presidencia. Esa foto queríaa como colofón ao seu “traballo” de roteiro, cunha rendibilidade para quen?.


Mentres Torra tivo o seu momento de gloria, os republicanos da delegación encabezados polo vicepresidente, Pere Aragonés- futuro president da Generalitat -deixou esas horas de gloria a Torra non o fará máis, son xenerosos, - nesta ocasión- pero non idiotas . Hai moito xogo aínda nesta mesa, que nun principio ten previsto reunirse cada mes. Supoñemos ata que haxa eleccións en Catalunya, despois xa veremos.


Tras a primeira reunión da mesa de diálogo, que durou máis de tres horas, a comparecencia de Torra en primeiro lugar, que como sempre puxo sobre a mesa os seus temas estrela, autodeterminación e amnistía.


Iso si recoñeceu que non recibiu resposta por parte do máximo representante que non é outro que Pedro Sánchez. Bo é o presidente para dicir o que non quere, claro que nunha primeira reunión, só é para expoñer os temas. En política dise que cando hai negociación, primeiro exponse os temas nos que poida haber acordos, despois o resto e as partes deben ceder. Dialogo, e imaxinación son elementos imprescindibles, o malo do tema é cando unha das partes envólvese no inmobilismo, iso é fariña doutro costal.


Mentres que a portavoz do goberno Montero, na súa comparecencia, afirmaba que a mesa non dará resultados a curto prazo, cousa sabida por case todos.


Xa hai mesa de dialogo, primeira reunión e anuncio de continuidade mensual, agora vén a actitude de ERC de apoia ou abster nos Orzamentos Xerais do Estado Seguro que dunha maneira ou outra, como fixo coa investidura de Sánchez, ERC non deixará tirado ao goberno de coalición para sacar adiante os primeiros orzamentos do bipartido da democracia en España. A postura de JXC, non se sabe pero intúese, votar en contra? , non haberá que esperar moito para coñecelo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE