As esquerdas en procúra, cada quen, do seu espazo

Manoel Barbeitos
Economista

A convocatoria electoral en Galicia (5 de abril) atopa ás esquerdas buscando o seu espazo no escenario electoral. Un escenario que é diferente, moi diferente ao que existía na anterior convocatoria. Diferenzas que poden ser decisivas no resultado final, especialmente se temos en conta que de novo, e segundo todas as enquisas, este seguramente estea algo apertado o que lle dá unha indiscutible incerteza á contenda.


A maior diferenza está no espazo que debería cubrir o galeguismo de esquerdas. Lembremos que nas eleccións do 2016 ese espazo estaba ocupado por dúas organizacións (EN MAREA, BNG) que finalmente sumaron 20 deputados e 390.400 votos que representaban o 26,7% dos escanos e o 27,4% dos votos emitidos. Un resultado que agora, coa presenza en solitario do BNG, resulta impensable que se produza e que, por tanto,  o galeguismo de esquerdas volva liderar a oposición fronte ás dereitas galegas (PP).


Un novo escenario que terá consecuencias políticas. No curto prazo está por ver se ten repercusións electorais, por caso as máis decisivas, como o axudar a que o Partido Popular (PP) perda a maioría absoluta. As dúbidas son lóxicas e viran ao redor de que vai pasar co electorado que nas leccións de 2016 votou a EN MAREA (271.418 votos) e a quen ocupará os escanos deixados polos seus deputados (14).


Con total seguridade podemos avanzar que as forzas que máis se beneficiarán da non presencia de EN MAREA serán en primeiro lugar GALICIA EN COMÚN-ANOVA,  especialmente polo electorado que representa PODEMOS, e logo o BNG. A pesar disto, son lexítimas as dúbidas de que entre ambos recollan o total dos asentos bacantes. As razóns son varias como, por caso, e referíndonos ao BNG, que as contendas electorais habidas nas últimas décadas apuntan a que, a pesar de que mellorará resultados, ten un indiscutible teito electoral. Un teito que seguirá aí debido tanto a esa infantil operación preelectoral por parte de UPG de querer reafirmar publicamente a súa poder no BNG como a que neste marco político excluínte á súa, por outra banda excelente, candidata Ana Pontón non aparece, para un sector amplo do galeguismo de esquerdas, como unha alternativa real a Alberto Núñez Feijóo. De cumprirse este prognóstico quedará en evidencia o tremendo erro cometido polos dirixentes do BNG de non aceptar unha alianza electoral con EN MAREA. Unha alianza que, moi probablemente, permitiulle ao galeguismo disputar con garantías a hexemonía nas esquerdas ao PSdeG-PSOE, abrindo así a porta a un escenario político no que, por caso, ocuparía unha posición de privilexio a reivindicación para Galicia do lugar que lle corresponde en España como comunidade histórica.


Por tales razóns resulta absolutamente incomprensible, senón é desde o punto de vista dun partidismo estreito e pechado, tal negativa por parte do BNG. O tempo dará e quitará razoes pero con esa estratexia as apelacións de Ana Pontón chamando aos votantes galeguistas resultan menos cribles. O BNG seguirá no seu antigo espazo, anterior á irrupción de EN MAREA, ao redor dos 150.000 votos no mellor dos casos que, así e todo, supoñeríalle mellorar significativamente os resultados das autonómicas de 2016. Apoio que,  con todo, non representará nin de lonxe a todo o galeguismo de esquerdas, non lle vai a permitir lideralas esquerdas e, por tanto, dá oposición as dereitas. Mesmo vai impedir a posibilidade certa, nun marco unitario do galeguismo de esquerdas, de que por primeira vez unha muller presida a Xunta de Galicia. Unha muller galeguista, o que sería un fito histórico para Galicia.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE