​O encubrimento dun caso de acoso sexual volve sentar ao Corte Inglés de Santiago no banco de acusados

Desde o sindicato CIG confían en que a sentenza deste proceso sexa "exemplar" e que o resto de compañías tomen nota para futuros casos de acoso sexual.


|

Desde o sindicato CIG confían en que a sentenza deste proceso sexa "exemplar" e que o resto de compañías tomen nota para futuros casos de acoso sexual.


Corteinglescentrocomercial

Letro do Corte Inglés 


O escándalo de acoso sexual ocorrido no Corte Inglés de Santiago de Compostela e que salpicou a toda a empresa terá esta semana un novo capítulo coa apertura do xuízo penal contra o suposto acosador, por entón xefe de planta do centro comercial. O proceso arrincará o próximo 5 de febreiro nos xulgados composteláns.


Nese sentido, desde o sindicato CIG advirten que o xulgado de Instrución nº 3 de Santiago tamén "abriu dilixencias penais fronte á cúpula do Corte Inglés na cidade e fronte ao seu Director en Galicia" cun proceso que terá lugar os días 24 e 26 de marzo "a celebración, en calidade de investigados, do Director e do xefe de persoal do centro, así como de dous dos xefes territoriais".


REPERCUSIÓN NACIONAL

O caso chegou mesmo á televisión, onde a victima contou para o programa 'Salvados' o acoso ao que foi sometida e a resposta dos responsables do centro comercial compostelán. "Non lle fagas caso; el é así", chegáronlle a dicir á acosada como resposta ás súas continuas queixas para que tomasen medidas contra o suposto acosador. Ademais, a súa denuncia empeorou a súa situación na empresa, xa que a partir de aí lamenta que tanto o denunciado como os amigos deste "foron a por min".


Despois de verse obrigada a pedir unha baixa laboral, unha investigación interna determinou que o xefe da vítima acosara á traballadora, que xa non forma parte da cadea. Máis tarde, e despois de que tanto a acusada como a súa parella -tamén empregado do centro- denunciasen ao Corte Inglés pola vía penal, os xulgados determinaron en 2017 que  desde a dirección non actuaran para evitar o acoso e que tampouco se molestaron "en investigar os feitos". Despois da emisión do programa desde O Corte Inglés cambiaron por completo a dirección do centro comercial compostelán coa saída de tres altos cargos, aínda que o achacaron ao proceso de reconversión que está a sufrir a empresa a nivel nacional.


"SEGUEN SEN RECOÑECER A GRAVIDADE DOS FEITOS"

Desde CIG confían en que este proceso “sexa exemplar", non só para a compañía denunciada, senón tamén para que o resto de empresas "tomen nota e comecen a tomarse en serio as situacións de acoso que, por desgraza, prodúcense no día a día no mundo laboral”.



Neste sentido, Roberto Alonso, membro da executiva federal, denuncia que “Resulta lamentable que a día de hoxe O Corte Inglés siga sen recoñecer a gravidade dos feitos e que a solución para as vítimas tivese que ser rescindir a súa relación laboral diante de a  inacción da empresa”, critica Roberto Alonso, membro da executiva federal. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE