Comeza o espectáculo: O Goberno ocupa os ministerios

Manuel Fernando González Iglesias

Hoxe era o día de xuramenteos ante o Rey de todo o Goberno. Fixérono unha a unha e un a un. Sen dúbidas. Promesa de lealdade ao Rey, e á Constitución, ademais do deber de gardar o secreto das deliberacións do Consello de Ministros. Como sempre primeira sorpresa para os agoreiros.


Pedrosanchezpabloiglesias 1


Logo tomaron posesión dos seus cargos animados polos seus e a curiosidade eterna duns funcionarios que sempre que os ven chegar pensan aquilo de aí están os interinos! Unha verdade indiscutible, mentres neste país non se modifique a lei da Función Pública, os salarios dos Ministros sexan máis baixos que algúns alcaldes e Presidentes de Comunidades Autónomas, e ademais para ser Secretario de Estado haxa que mostrar legalmente determinado nivel funcionarial. 


Parecen temas menores, pero se o pensan e cóanse nun Ministerio a semana anterior e posterior da chegada dos novos Ministros e Ministras comprobían, que a movida de aspirantes aos cargos máis zumarentos é un verdadeiro ir e vir de quen coloca á beira do seu escalafón as palabras escritas con letra invisible de "socialista", do "pepé" ou como reclamo universal o de "independente". Son listas que os secretarios de organización dos partidos teñen de antemán no seu poder, na que logo inclúen a "os recomendados" ou aos profesionais de partido que quedaron sen cargo na lexislatura anterior na que gobernaban os que agora se marchan á oposición.


É unha verdadeira gozada para un xornalista estar no momento xusto no que se loita tenazmente pola supervivencia persoal, e poder comprobar, unha vez máis, de que nesa pelexa, dereitas e esquerdas fan exactamente o mesmo, como seres humanos que son con gastos familiares, hipotecas e fillos que escolarizar e facer felices.


É a vida en estado puro. Logo está a política que se espera de quen accede ao poder, que, nos tempos que corren, asegúranos días difíciles e debates apaixonantes. Pero iso virá, máis pronto que tarde, xa que goberno de coalición e oposición tripartita, amentáronse as súas debilidades e defectos e anunciáronnos de "moi malos modos" unha verdadeira Apocalipse, Deus non o queira...


Por fin xa temos Goberno executivo e lexítimo. Comeza o espectáculo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE