​O pagafantas climático

Manuel Fernando González Iglesias

Non hai xa ningunha dúbida que a os varandas deste mundo da xeración de Greta Thumberg fóiselles a man coa contaminación ,e agora, imos ter que corrixir entre todos, especialmente os que menos teñen. E por iso,  a Cume do clima que houbo que organizar precipitadamente en Madrid, xa que o Goberno chileno, ten aos seus cidadáns nas rúas, recibindo tiros e paus do exército e da policía, porque goberna mal e mantén a vixencia de leis pinochetistas, e aquí castigáronnos con "un campañón" de reproches pola nosa maldade á hora de reciclar ou coidar dos nosos ríos e bosques coma se niso do medio ambiente non tivesen nada que ver os que embasan en plástico e non en cristal ou extraen petróleo e envenenan nosas costas con petroleiros dun só casco ou agora mesmo seguindo o ronsel o armador do Blue Star embarrancado fronte ás moi galegas Illas Mirandas como no seu día fixérono o Urquiola,  o Mar Exeo, o Prestige e  ata máis de oito mil pecios, que dormen no fondo da Costa Atlántica de Galicia sen que os gobernos de España nin a propia Europa que vive e goza dese tráfico, fixesen nada para evitar as desgrazas ou palialas polo menos coa construción do tanta veces reclamado porto de abrigo no que poidan encerrarse eses buques e salvar  en caso de traxedia aos seres vivos e a natureza que se contamina constantemente.


Buque2


Buque embarrancado na Ría de Ares.


Os galegos fomos e seguimos sendo vítimas reiteradas desa contaminación global criminal e insensata. A celulosa que podreceu durante décadas a marabillosa Ría de Pontevedra é un monumento inesquecible á estupidez política que aínda persiste. Si, aí segue, mentres un presidente ambicioso e desprestixiado chamado Pedro Sánchez convértenos en pagafantas da ONU mentres unha mangueira colgada dunha tirolesa tenta retirar en pleno cume do clima, miles de toneladas de fuel e gasoil do Blue Star embarrancado na Ría de Ares en Ferrol. Como se trata dun quimiquero baleiro, a desgraza quedará ,e grazas!, en vertedura e logo, en arrastre do casco ou despezamento durante semanas ou meses. Vaia maneira de celebrar o cume que nos deixan aos galegos!.


E dígolles a última, a varios medios de comunicación españois e supoño que a máis doutras partes do mundo, negáronselles as acreditacións para ir preguntar no cume por barbaridades  como as que lles contei brevemente e iso que se acreditaron concienzudamente, seguindo as  confusas instrucións do Alto Organismo mundial, teñen ao día os seus impostos e suponse que o Reino de España respecta a liberdade de expresión e aos seus colexios de Xornalistas. Guterres que estás nas minchas!.


Non teñan ningunha dúbida, que somos grazas, ao socialista Sánchez, o pagafantas climático do mundo mundial e encima non nos deixan exercer a nosa profesión no noso propio país e contamínano embarrancando un buque lixo. Agora entendo porque os chilenos están na rúa xogándose a vida contra o seu goberno e tamén o  por que os holandeses non quixeron facerse cargo deste Cume viaxeiro.


Maxestade!,  isto xa non hai quen o aguante.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE