Atado e ben atado

Manoel Barbeitos
Economista

As eleccións xerais do 10N servirán, unha vez mais, para confirmar como o sistema político español, a monarquía borbónica, ten unha das súas fortalezas nunha serie de fundamentos institucionais, xurídicos e políticos orientados a manter tanto un sistema político baseado nun bipartidismo imperfecto como nunha administración fortemente centralizada.


Un deses fundamentos do bipartidismo subliñado, pero que apenas resulta visible, e a actual Lei electoral. Unha normativa legal que ven de seren denunciada como desequilibradora nada mais e nada menos que polo Tribunal Supremo pois “orixina un exceso de representación nas circunscricións rurais e un déficit de representación das urbanas”. I é que como moi ben explica o profesor Pérez Royo “a composición do Congreso dos Deputados e do Senado e a Lei Electoral son tributarias da Restauración Monaquica como forma política do Estado español. (……). A composición do Congreso dos Deputados e do Senado e a Lei Electoral son preconstitucionais” (a Lei electoral foi aprobada durante o goberno predemocrático de Adolfo Suárez, no ano 1977).


Si analizamos a distribución dos deputados ao Congreso nunhas eleccións xerais tanto a nivel de Estado como, por caso, nas tres comunidades históricas (Cataluña, Galicia, Pais Vasco) vemos ese desequilibrio da Lei Electoral. Tomando como base os datos do censo electoral e o número de deputados provinciais atopámonos con que nas tres comunidades históricas hai un grande sego a prol das provincias mais rurais (por caso, Lugo, Ourense, Lleida, Girona e Alava) e unha brutal diferenza provincial no número de electores por escano. En Cataluña este indicador vai dende os 84.000 da provincia de Girona aos 130.000 de Barcelona. En Galicia dende os 64.500 da provincia de Ourense aos 116.OOO de A Coruña. No Pais Vasco dos 62.710 de Alava aos 113.480 de Vizcaia. E si tomamos en conxunto as tres comunidades históricas o indicador vai dende os 62.710 de Alava aos 130.000 de Barcelona. Por certo, a media española está nos 100.000 electores por escano.


Non hai que ser un lince para darse conta de dúas evidencias: 1. O sistema electoral español está claramente orientado a que a composición do Congreso dos Deputados se incline a prol dos partidos maioritarios (PP, PSOE) que se corresponden co bipartidismo sistémico. 2. Este sistema está tamén creado para favorecer aos opcións liberal-conservadoras (gran peso do rural e das pequenas poboacións) fronte as opcións de esquerdas (maior presenza nos núcleos mais industriais e as grandes poboacións).


Cataluña, Galicia e Pais Vasco son un claro exemplo. Os votos, por caso, das provincias de Lugo, Ourense, Lleida, Xirona e Alava son determinantes para formar maiorías en cada unha destas comunidades. Son determinantes por mor das claras diferenzas no reparto electoral, por caso a Lugo co 15% do censo electoral lle corresponden o 17,5% dos deputados galegos, Ourense 12% e 18%, Lleida 6% do censo electoral e o 9% dos deputados cataláns, Xirona 9% e 13% e Alava 14% do censo electoral e 23% dos deputados vascos. En todos estas provincias o número de deputados é claramente superior aos que lles correspondería de seguirse un sistema proporcional. Por caso, cabe preguntarse que pasaría si houbera en toda España unha lei electoral estritamente proporcional (escanos/votos)?. Que a composición do Congreso, tomando como base os resultados das derradeiras eleccións xerais, sería mais plural e con maior presenza das forzas antisistémicas, por caso federalistas e republicanas.


Volveremos a ver como os deputados elixidos nas provincias menos habitadas,"a España valeira", ao estar estas sobrerepresentadas chegan a supor un terzo do Parlamento español. 


O 10N volveremos a comprobar a exactitude do que sinalamos. Volveremos a ver como os deputados elixidos nas provincias menos habitadas (“a España valeira”), ao estar estas sobrerepresentadas (como, por caso, sucede coas provincias citadas anteriormente), chegan a supor un terzo do Parlamento español. Deputados que, de xeito practicamente absoluto, se repartiran entre os dous partidos maioritarios (PSOE, PP). Un reparto que servira así para seguir mantendo un Congreso claramente escorado a dereita e ao bipartidismo dinástico pois será, como ten sido ata agora, un reparto que discrimine claramente a prol duns territorios e unhas clases sociais e a costa doutros territorios e outras clases sociais.


Temos como evidencia o feito de que a pesar de que en practicamente tódalas eleccións xerais celebradas ata agora o suma de votos das esquerdas foi sempre claramente superior aos votos das dereitas estas alcanzaron moitas veces unha maior representación chegando a gobernar a pesar de ser maioritario o voto das esquerdas.


Poida que o 10N volva suceder por que, efectivamente, todo está atado e ben atado.


PNV 1




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE