Un pequeno terremoto de en Cartelle faise sentir en Ourense
Un terremoto de magnitude 3.3 rexistrouse a madrugada deste xoves na localidade ourensá de Cartelle, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
Un terremoto de magnitude 3.3 rexistrouse a madrugada deste xoves na localidade ourensá de Cartelle, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
O movemento sísmico tivo lugar sobre as 00.33 horas con epicentro no sueste de Cartelle, na comarca Terra de Celanova, e a 15 quilómetros de profundidade, segundo os datos preliminares.
O terremoto deixouse sentir na cidade de Ourense e nos municipios pontevendreses de Valeixe e A Cañiza, a unha trintena de quilómetros do epicentro, con intensidade II (apenas sentido).
O movemento sísmico tivo lugar horas despois de que se producisen varios avisos de menor intensidade na zona ao longo da xornada.
Escribe o teu comentario