Verán no SERGAS: "Penosa e precaria" situación na Coruña

Máis pacientes que atender, pola chegada de turistas e o retorno de emigrantes, e menos compañeiros para traballar, polas vaciones e porque a Xunta non cobre as ausencias. Esta é a "penosa e precaria" realidade de moitos centros de saúde galegos, que hoxe denunciaron profesionais de Atención Primaria da Coruña.


|


Máis pacientes que atender, pola chegada de turistas e o retorno de emigrantes, e menos compañeiros para traballar, polas vacacións e porque a Xunta non cobre as ausencias. Esta é a "penosa e precaria" realidade de moitos centros de saúde galegos, que hoxe denunciaron profesionais de Atención Primaria da Coruña.


A Comisión de Centro de Atención Primaria da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña denunciou "a penosa e precaria situación" nestes centros "debido en gran medida á mala xestión dos recursos humanos", sinalan nun comunicado. Algo que negan desde a Xunta, que ven a situación e o nivel de demanda en grao sumo normal por estas datas.


Concentración ante o centro de saúde de Fene

Unha pasada concentración de médicos e pacientes nun centro de saúde en Fene



O LASTRE DA PRECARIEDADE NA CALIDADE DO SERGAS

Entre outras cuestións, alegan "falta de estabilidade na contratación do persoal do Sergas", a pesar do que, segundo afirman, os e as traballadores "tentan manter unha atención sanitaria de calidade nunhas condicións desfavorables para o desempeño do seu traballo", sostén.


Por outra banda, incide no feito de que profesionais terminen a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria e acaben marchando "buscando a estabilidade que non se lles ofreceu".

Ademais, denuncian a situación das enfermeiras e enfermeiros "concatenando contratos durante anos, moitos por horas". Mentres, afirma que noutras categorías "nas que non hai déficit de persoal, tampouco se substitúen en vacacións".


"Isto xera problemas nos centros de saúde, demoras na atención, axendas que están completas ata quince días; polo que os usuarios diríxense en moitas ocasións aos PACs e ás urxencias hospitalarias con consultas que deberían poder resolverse no seu centro de saúde", apostila.


CAMBIO NOS HORARIOS DOS CENTRO DE SAÚDE

Por outra banda, esta Comisión de Centro expresa o seu desacordo "polos cambios nos horarios de atención de determinados centros de saúde, xa que algún se pecha polas tardes no verán, causando que moitos pacientes acudan ao PAC de referencia para ser atendidos".


Todo iso, segundo indica, con leva "sobrecarga laboral, demoras nos centros de saúde pola falta de facultativos, en xeral pola non cobertura dos profesionais tanto sanitarios como non sanitarios en época estival cando en moitos lugares da nosa área aumenta a poboación", lembran.


Por todo isto, instan á Xerencia coruñesa "a tomar medidas, algunhas delas de modo inmediato, dando cobertura ás necesidades existentes contratando a todos os profesionais dispoñibles e, de modo estrutural ofrecendo vínculos estables" aos mesmos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE