Baltar perde a maioría na Deputación de Ourense

12 PP , 9 PSOE, 2 DO, 1 BNG e 1 Cs. Este é o histórico resultado na Deputación de Ourense, segundo cálculos provisionais socialistas. Por vez primeira, o baltarismo pode ser expulsado do Pazo Provincial, aínda que a ben seguro fará o imposible por aferrarse ao poder, aínda que sexa chamando na porta do seu gran inimigo, Gonzalo Pérez Jácome de Democracia Ourensá.


|

12 PP , 9 PSOE, 2 DO, 1 BNG e  1 Cs. Este é o histórico resultado na Deputación de Ourense, segundo cálculos provisionais socialistas. Por vez primeira, o baltarismo pode ser expulsado do Pazo Provincial, aínda que a ben seguro fará o imposible por aferrarse ao poder. Mesmo chamando na porta do seu gran inimigo, Gonzalo Pérez Jácome de Democracia Ourensá.


O PP perdeu 2 deputados no partido xudicial da cidade de Ourense (1 foi para PSOE e outro para Cidadáns). É o único partido xudicial no que houbo cambios.  O baltarismo mantivo firme a súa correa sobre o Ourense rural, pero na cidade -onde o máis votado foi o PSOE de Rafa Villarino e o alcalde conservador empatou con DO en segunda posición- e no seu contorno perdeu bastantes posicións.


INCERTEZA TODA A NOITE

Como eses dous deputados provinciais bailaron toda a noite por poucos votos, haberá que esperar ao cómputo oficial. De feito, ninguén tivo claro ata esta mañá o resultado final na Deputación de Ourense.


JÁCOME ALCALDE A CAMBIO DE QUE BALTAR SIGA LIDERANDO A DEPUTACIÓN?

Se se confirman os cálculos do PSOE de Ourense, o PP necesitaría o apoio de Democracia Ourensana ou Ciudadanos para manter a Deputación. Cousa que non terán fácil sen ofrecer algo substancioso a cambio. 


Algo substancioso que podería ser perfectamente a alcaldía da capital. Hai semanas que en Ourense corre o rumor que o baltarismo estaría disposto a pactar con Democracia Ourensá   para manter a Manuel Baltar no asento que herdou do seu pai. De feito, o PSOE saíu en campaña alertando de que xa había negociacións en marcha para tal fin, claro que se trataba dunha alerta evidentemente interesada.


A suma de DO e PP dá 14 concelleiros no municipio, xusto a maioría absoluta na capital das Burgas. Claro que para poder facer tal ofrecemento de pacto, Baltar tería que convencer ao líder do PP local . Tarefa tampouco fácil, porque Jesús Vázquez é máis próximo a Feijóo que a Baltar e o actual alcalde podería argumentar,  con razón, que o sacou máis votos que Jácome, aínda que empatasen a concelleiros. 


Por outra banda, parece complicado que o PSOE logre armar un pacto firme entre todas as forzas con representación na Deputación. Un goberno estable no que colaboren Cs e BNG parece, en principio, inimaxinable. Cidadáns tamén podería pactar co PP na Deputación , aínda que os laranxas en principio esixirían a cabeza de Baltar, cabeza que os conservadores non entregarán salvo unha revolta interna inimaxinable a tal hora.


JÁCOME PROMETE "SALVAR OURENSE" 

En definitiva, o quebracabezas ourensán ten varias solucións e todas elas son moi complicadas. Haberá suspense e negociacións durante días, pois DO por agora non se quere mollar.


Nun críptico post no seu Facebook, os localistas aludían a que o resultado ten mil interpretacións diferentes. Iso si, insistían que farán o imposible para "salvar Ourense".



En gran medida Democracia Ourensana naceu e conseguiu representación, precisamente,  co reclamo de expulsar ao caciquismo ourensán do poder. Está por ver se Jácome resiste agora ou non a oferta que, sen dúbida, chegaralle desde o baltarismoPor agora, Manuel Baltar xa dixo que os resultados son "inapelables".



Baltar seguindo reconto electoral





relacionada Ofrecerá o PP a alcaldía de Ourense a Democracia Ourensá?
relacionada ​O PSOE é o triunfador das eleccións locais nas cidades galegas á conta das mareas
relacionada Villarino: “Votar ao PSOE en Ourense ten un valor histórico, podemos cambiar o Concello, a Deputación e o goberno de caciques”
relacionada ​(VÍDEO) Primeiras palabras do robot de Democracia Ourensá: “A calor de Ourense é insoportable”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE