​(VÍDEO) Primeiras palabras do robot de Democracia Ourensá: “A calor de Ourense é insoportable”

O robot fará campaña estes últimos días na cidade termal para o partido de Jacome, que pode ser a chave para desbancar a Baltar. 


|

O robot fará campaña estes últimos días na cidade termal para o partido de Jacome, que pode ser a chave para desbancar a Baltar.


Selfie robot democracia ourense


Jacome co robot de Democracia Ourensá


Democracia Ourensá presentou, a tres días antes das eleccións, un dos atractivos da campaña ourenseana: o tan anunciado robot. Aínda que talvez non fose a mellor das ideas traer a un robot a unha cidade como a auriense, co risco de que se lle fundan os circuítos.

A calor de Ourense no verán é insoportable. Mesmo para min. E encima non hai praia!”, lamentou o robot na súa primeira aparición pública. “Parque acuático xa!”, reclamou o androide…aínda que a auga tampouco é a mellor solución aos seus problemas.




Á parte das bromas que pode suscitar esta peculiar iniciativa, que estará presente estes días no Paseo da cidade, o compromiso de Democracia Ourensá coa intelixencia artificial é moi serio. Unha das principais propostas do programa da forza liderada por Gonzalo Pérez Jacome é a creación na cidade dun Centro de Investigación de Intelixencia Artifical.


“Xerará unha comunidade científica na cidade que atraerá a novas empresas, e colaborará coas locais, aumentando a súa competitividade”, anuncia o programa do grupo, que nas pasadas eleccións locais sacou oito concelleiros e que o día 26 pode resultar unha das chaves para desbancar a Baltar. “Cambiará para sempre a economía e devir de Ourense”, sinala Democracia Ourensá, nunha proposta que está ligada ao proxecto de transformación tecnolóxica do comercio local ourensán mediante unha ‘joint venture’ “para competir eficazmente”.


Con todo, a proposta do Centro de Investigación precede a outra dos proxectos anunciados polo robot e alicerces do programa de Democracia Ourensá: o Parque Acuático. “Parque Acuático Xa! Ademais será único no sur de Europa cunha sección de auga termal, que permitirá a súa gozar todo o ano”, expón o programa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE