Hai auténtica liberdade de información e opinión en Galicia?

Manoel Barbeitos
Economista

Estas eleccións xerais puxeron en evidencia que Galicia é, neste momento, un caso paradigmático de como sen medios de comunicación e opinión libres non hai sociedade libre. Galicia carece hoxe dunha pluralidade nos medios tal que garante o dereito a unha información veraz, independente e critica, pois a información que nos fornecen a maioría dos medios de comunicación e opinión está moi nesgada a favor dos intereses políticos e financeiros dos que os controlan e financian. Por caso, os medios públicos confirman, un día si e outro tamén, esta realidade. O mesmo podería dicirse dos medios privados de maior tradición cuxa dependencia financeira tanto das subvencións dos poder públicos, a pesar do gran escándalo que supón a voluntaria ignorancia do uso do idioma galego, como das axudas privadas (banca maiormente) condiciona claramente a súa liña informativa.


Unha repartición de axudas públicas (DOG nº 247, 28.12.2018) que resulta, canto menos, claramente discriminatorio, sempre que as empresas que difunden por internet –as máis críticas coa actual Xunta de Galicia- apenas reciben o 23%, levándose o 68% os periódicos impresos en papel, quedando o 9% restante para as empresas radiofónicas privadas. Unha repartición que aparece como escandaloso cando observamos que, por caso, LA VOZ DE GALICIA leva o 62% das axudas a xornais impresos en papel e o 82% das axudas a empresas xornalísticas que difunden a súa actividade por internet –cando as súas publicacións en galego son, en ambos os casos, irrelevantes-. Discriminación que se estende as empresas radiofónicas privadas, xa que entre RADIO POPULAR e UNIPREX levan o 60% das axudas públicas concedidas a estes medios. Un sistema de repartición de axudas públicas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, que sumando as axudas mediante publicidade encuberta, permítelle a actual Xunta de Galicia, e o partido que a goberna (PP), unha indiscutible influencia tanto nos contidos como nos formatos das noticias emitidas por estes medios, claramente majaderas daquela como ben se poñen de manifesto na maioría dos artigos de opinión.


No caso dos medios públicos (CRTVG: Corporación de Radio e Televisión de Galicia) as evidencias sobre a manipulación informativa a favor do partido (PP) que actualmente goberna a Xunta de Galicia son continuas e contundentes. Velaí tanto a actitude represora, propia de mentalidades franquistas, da actual dirección, nomeada polo partido gobernante (PP) con calquera traballador/a critico/a con a política da actual dirección, como a liña xornalística dos principais informativos, por non falar dos formatos e contidos dos programas que podemos cualificar como de entretemento e mesmo culturais, cuxa mediocridade e falta de respecto a lingua e a cultura galegas resultan abraiantes e escandalosas.


En canto a actitude represora da dirección baste con atender as continuadas denuncias dos traballadores deses medios quen a pesar dos riscos que corren, como por caso ser sancionados e/ou expedientados, son quen de manter unha dignísima e exemplar actitude de denuncia (“venres negros”) polo férreo control informativo e a asquerosa manipulación que da canle pública (CRTVG) fai o Partido Popular (PP) quen incumpre sistematicamente a Lei de Medios


En relación a liña informativa, como sinalaba, son continuas e contundentes as evidencias da súa manipulación partidista (PP) e bastaría para confirmalo, por caso, con acudir ao tendencioso tratamento informativo da recente campaña electoral. Unha estratexia informativa que ven de lonxe e cuxo carácter nesgado, carente de rigor e escandalosamente partidistas resulta indiscutible como evidencia multitude de casos. Sirvan como exemplo os seguintes.


As políticas de austeridade fiscal e rebaixa salarial están, por caso, producindo un dano enorme nos servizos públicos e, está claro, nas condicións laborais dos/as traballadores/as que non pairan de protestar pola súa situación de precariedade e carencia de medios idóneos que lles impide realizala o seu labor como debese ser mester. Unha situación da que a atención sanitaria pública, na que as políticas de la Xunta de Galicia están a provocar unha auténtica desfeita, e un claro referente. Con todo, as continuas e diarias manifestacións dos/as traballadores/as e usuarios/as en protesta por esta situación son sistematicamente ignoradas, cando non menosprezadas e/ou ridiculizadas. Pola información fornecida polos medios públicos había parecido que a saúde da atención sanitaria pública, contra todas as evidencias, é a óptima. O mesmo pódese dicir da información fornecida por tales medios de todo canto conflito laboral ten lugar en Galicia, sempre que a Xunta de Galicia aparece como obxectivo das críticas e protestas. Porque, desde que triunfou a moción de censura e Pedro Sánchez (PSOE) está na Moncloa, estes medios públicos (CRTVG: Corporación de Radio e Televisión de Galicia) si lle dan ampla cobertura, coa participación dos Concelleiros do ramo cando non do propio presidente dá Xunta (A. Núñez Feijóo), a aqueles conflitos laborais (ENCE, ALCOA…), por mínimos que sexan, que teñen ao goberno central (PSOE) como diana e obxectivo de crítica


O mesmo sucede cando se trata de informar sobre os debates no Parlamento de Galicia. O distinto tratamento informativo que reciben, por caso, os líderes da oposición (Luís Villares, Xaquín Leiceaga e Ana Pontón) en relación ao Presidente dá Xunta de Galicia (Alberto N. Feijoo) ou calquera membro do seu goberno resulta escandaloso. Trátase dunha información que podemos cualificar de panfletaria á vez que enormemente sectaria. Indigna dunha televisión pública que financiamos todos os/as galegos/as cos nosos impostos.


Convido os lectores/as a que comproben pola súa conta o que aquí sinalo en relación a calquera dos medios públicos (CRTVG: Corporación de Radio e Televisión de Galicia) e moi en especial a chamada “telegaita”. A mesma invitación vale para os medios privados citados. Atoparán un panorama informático bastante deprimente que, con todo, non parece atopar a debida resposta por parte dunhas forzas progresistas máis empeñadas en cultivar a súa propia hortiña informativa que en dar apoio e cobertura a existencia duns medios libres, plurais, obxectivos e críticos. Tremendo erro.


Todo isto sucede nun contexto histórico no que o desemprego e a precariedade está a golpear en Galicia con enorme dureza a un número crecente de profesionais do xornalismo cuxa traxectoria está fora de toda dúbida tanto pola honestidade profesional como pola liberdade de criterio e o rigor intelectual.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE