O voto correo, que se dispara un 24%, apunta a unha masiva participación nas eleccións
As consecuencias das longas colas para votar observadas nalgunhas oficinas e a ampliación do prazo ante a demanda confirmáronse hoxe. Pase o que pase o 28A, parece que o veredicto das urnas terá, polo menos en Galicia, un respaldo moi importante. Tradicionalmente, unha alta participación adoita favorecer aos partidos de esquerda.
As consecuencias das longas colas para votar observadas nalgunhas oficinas e a ampliación do prazo ante a demanda confirmáronse hoxe. Pase o que pase o 28A, parece que o veredicto das urnas terá, polo menos en Galicia, un respaldo moi importante. Tradicionalmente, unha alta participación adoita favorecer aos partidos de esquerda.
As xuntas electorais aceptaron o voto por correo de 89.677 persoas na Comunidade galega, segundo informou este venres a Delegación do Goberno en Galicia.
Nas últimas xerais, solicitaron o voto por correo 72.096 galegos. Isto mostra un significativo aumento da participación, de máis dun 24,3%.
Ademais, o aumento é máis importante tendo en conta que as eleccións xerais de 2016 foron unha xornada, o 26 de xuño, de verán, na que xa hai algúns traballadores gozando das súas vacacións estivais.
A subida é aínda maior comparándoa coas últimas autonómicas, cando só solicitaron o voto por correo 39.890 persoas. É dicir, agora solicitárono un 124% máis de votantes.
Colas de voto por correo nunha oficina galega | CRTVG
Para o vindeiro domingo, son 66.291 residentes en España que non poderán acudir aos seus locais electorais este domingo os que o solicitaron, 22.228 residentes ausentes e 1.148 residentes en España que se atopan temporalmente no estranxeiro.
UNS 60.0000 NOVOS VOTANTES
Este domingo poden votar 2.698.525 persoas en Galicia que están chamadas ás urnas, das que son residentes en Galicia 2.240.616 e 457.909 viven no exterior.
Ademais, 58.093 deles son novos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde os últimos comicios, concretou a Delegación do Goberno.
REPARTO POR PROVINCIAS
Este domingo os galegos elixirán a un total de 23 deputados e deputadas: oito na provincia da Coruña, sete en Pontevedra, catro en Lugo e catro en Ourense. Tamén escollerán a 16 senadores: catro por provincia, á marxe dos dous senadores elixidos por designación autonómica.
En total proclamáronse 49 candidaturas ao Congreso e 47, ao Senado. Galicia contará con 3.956 mesas distribuídas en 2.416 locais electorais e haberá dispoñibles 7.912 urnas e 3.956 cabinas para elixir as papeletas.
PAPELETAS E MESAS
En total, destacou a Delegación do Goberno en Galicia, imprimíronse 27 millóns de papeletas para o Congreso e 2,4 millóns de papeletas para o Senado.
Estas mesas estarán atendidas por 11.868 membros de mesa, que foron xa seleccionados e por 2.622 representantes da Administración, que "se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto de voto", explica a Delegación.
Ademais, respecto a as persoas con discapacidade visual, indica que recibíronse 33 solicitudes en toda Galicia para usar os kits de accesibilidade que permiten a estas persoas exercer o seu voto.
O dispositivo de seguridade para a xornada electoral contará cun total de 6.915 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade, entre Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local.
Escribe o teu comentario