Peche de 24 horas nun hospital do SERGAS

Os representantes sindicais dos traballadores do hospital de Verín (Ourense) convocaron un peche de 24 horas o vindeiro mércores despois de que, tras un mes de mobilizacións, a dirección non dese " resposta" ás súas demandas.

|

Os representantes sindicais dos traballadores do hospital de Verín (Ourense) convocaron un peche de 24 horas o vindeiro mércores despois de que, tras un mes de mobilizacións, a dirección non dese " resposta" ás súas demandas.



Hospital De Verin


Nun comunicado subscrito polos sindicatos CIG, CC.OO., UXT, CSIF, Prosagap, SAE e Satse; os traballadores anuncian a acción e avanzan que non descartan "todo tipo de mobilizacións" se a dirección non atende as súas reivindicacións.


"A dirección segue facendo caso omiso da situación que padece o hospital", denuncian os sindicatos, que consideran "unha falta de respecto" aos traballadores e os pacientes do centro, que "padecen unha diminución na calidade da atención debido aos recortes da xerencia".


"Non se pode seguir con esta situación, somos traballadores, non exclavos'", aseveran no comunicado os representantes do persoal do hospital de Verín.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE