Case o 20% dos galegos votarán desde o estranxeiro


458.180 galegos residentes fose de España están chamados ás urnas. Arxentina segue sendo a ‘Quinta provincia’, seguida por Brasil e Cuba; Suíza é o país europeo con máis galegos.


|

458.180 galegos residentes fose de España están chamados ás urnas. Arxentina segue sendo a ‘Quinta provincia’, seguida por Brasil e Cuba; Suíza é o país europeo con máis galegos. 


Urnas 3 1


O censo de residentes ausentes, é dicir, de aqueles emigrantes que viven fóra de España ou os seus descendentes con nacionalidade española, elévase en Galicia a 458.180 persoas, o que supón un peso do 17% de todos os chamados ás urnas o próximo 28 de abril. As catro circunscricións galegas suman 2.699.050 persoas con dereito a acudir ás urnas.

Este sábado día 30 queda pechado o prazo para que o colectivo da diáspora solicite exercer o seu dereito por correo e ata o 16 de abril enviarase a documentación aos electores. O prazo para depositar o voto finaliza o 24 de abril, catro días antes de que se celebren os comicios xerais en territorio español.

Por provincias, A Coruña é a que rexistra maior número de electores da diáspora, con 158.530 persoas chamadas ás urnas; seguida de Pontevedra, que conta con 132.273 electores residentes ausentes. En Ourense, hai 100.649 chamados a votar procedentes da diáspora, fronte aos 66.728 de Lugo.

Se se analizan os países con maior número de electores en Galicia, Arxentina segue sendo no que máis votantes galegos poden exercer este dereito, cun total 163.310 persoas. Deste total, 55.932 correspóndense coa Coruña; 46.990, á de Pontevedra; 29.010 á de Ourense e 31.380, coa de Lugo.

A Arxentina séguenlle Brasil (42.409), Cuba (41.096), Uruguai (36.825) e Venezuela (31.216). Ademais, no continente americano destaca tamén Estados Unidos, con 17.864 electores e México, con 12.215.

En Brasil, é significativa a poboación adscrita á provincia de Pontevedra, onde alcanza os 21.342 electores. Xa a distancia sitúanse a diáspora con orixe na Coruña (9.449), Ourense (9.827) e Lugo (1.790).

Na provincia de Lugo, destaca a comunidade cubana, que alcanza os 14.147 electores, que é a maior con respecto a outras circunscricións galegas. O resto distribúense da seguinte maneira: 12.740 en Ourense; 11.047, na Coruña; e 3.162, en Pontevedra.

En Uruguai, destaca a presenza de electores procedentes da provincia da Coruña, con máis da metade dos 36.825. Así, suman un total de 19.032 electores. Neste país, hai 12.028 posibles votantes en Pontevedra; 3.003, en Ourense; e 2.761, en Lugo.

Tamén en Venezuela a comunidade máis numerosa é a da Coruña, pero con menos diferenzas, con 10.137 electores dos 31.216 electores rexistrados no censo de residentes ausentes. Séguenlle Ourense (9.629), Pontevedra (8.333) e Lugo (3.111).


DIÁSPORA GALEGA EN EUROPA 

Pola súa banda, o maior galega en Europa atópase en Suíza, con 33.241 persoas con dereito a voto. Francia é a segunda, con 16.783 electores; mentres que Reino Unido conta, con 12.664, e Alemaña, con 14.634 persoas chamadas ás urnas.

Nas eleccións do 26 de xuño de 2016, os residentes ausentes que pediron o voto por correo caeron a 20.082, 2.471 menos que as 22.553 peticións rexistradas para as eleccións de decembro que deron lugar á lexislatura errada.

relacionada Néstor Rego: "Sen o BNG no Congreso, Galicia perdeu atención aos seus problemas "
relacionada Feijóo "moi satisfeito" coa oferta de Casado de fichalo para o Goberno de España
relacionada Estes son todos os candidatos en Galicia para as eleccións xerais do #28A
relacionada Polo menos dous dos catro cabezas de cartel posibles de Vox non teñen relación directa con Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE