Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia
Coñecida coloquialmente como Policía Autonómica, a Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia ten a sua Xefatura en Santiago de Compostela e conta con sedes nas catro provincias, ademáis da de Vigo. Foi creada o 19 de xuño de 1991 e depende orgánicamente da Dirección Xeral da Policía e funcionalmente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. As intencións da Xunta, dende fai máis dunha década, eran transformar a UPA nun Corpo Autonómica propio, que asumise, entre outras, a competencia en materia de Tráfico. Sen embargo, e a pesar da aprobación da Ley de Policías de Galicia, a UPA non mudou a sua estructura organizativa.
No día de onte, o Parlamento de Galicia sacou adiante unha Proposición non de Lei, a instancia do Grupo Parlamentario Popular e co apoio do Grupo Parlamentario Socialista, a través da que se instará á Xunta de Galicia a solicitar ó Goberno do Estado, mediante a Dirección Xeral da Policía, a que se convoque un Concurso Específico de Méritos que permita cubrir as vacantes existentes na Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia, ca misión de incrementar ata 475 os seus efectivos, de xeito, que esta Unidade poida cumprir de maneira eficaz coas funcións que actualmente vén prestando.
A pesar de que ainda hai por facer, a UPA mellorou en medios e instalacións nos últimos anos, sendo a materia pendente agora, a cobertura de persoal, que se sitúa nos 395 efectivos, dos 500 cos que conta o Catálogo.
Cando se concrete a convocatoria de prazas para a UPA, o proceso debe ser transparente. As bases do Concurso Específico de Méritos para a UPA, deben substituir a entrevista persoal por unha proba escrita, tipo test ou similar, que valore dun xeito máis obxectivo a capacidade dos concursantes para optar a estas prazas, avaliando a idoneidade dos participantes baixo criterios totalmente imparciais con igualdade de oportunidades, adaptados á especificidade e especialidade da UPA, publicando un temario de apoio para preparar a proba, tal como ocorre noutras especialidades dentro da Policía Nacional. Igualmente, ademáis do mérito e capacidade, tería que valorarse dun xeito máis determinante a antigüidade no Corpo Nacional de Policía á hora de participar neste concurso, de maneira que non se xere unha discriminación entre os axentes galegos que optan a estas prazas e que levan máis dunha década destinados fóra da nosa comunidade en detrimento de aqueles con menos anos de servizo, máis se cabe, ca cantidade de compañeir@s que levan tantos anos fóra de Galicia agardando obter unha praza preto da sua familia e do su entorno.
A UPA conta con moi bos profesionais que todos os días prestan servicios destacados e que manteñen a presencia da Policía Nacional en núcleos urbanos e rurais e que se ocupan de competencias que en caso de non asumilas, irían a parar a outros Corpos de Seguridade interesados. A UPA, xera prestixo e confianza entre os cidadáns. Debemos mantela, debemos potenciala, garantindo, eso sí, a máxima transparencia nos procesos selectivos convocados para incrementar o seu plantel
Escribe o teu comentario