Sabotaxes sistemáticas ás ambulancias do 061

O 061 contabilizou un total de quince ambulancias con picadas nas rodas, entre as 20,00 horas do sábado e as 20,00 horas deste domingo, que se suman aos 38 vehículos que foran "saboteados" nos dous primeiros días de folga.

|

Son máis de 50 as ambulancias que apareceron conlas rodas picadas desde que empezou a folga a semana pasada


Por agora non hai avances na negociación entre Xunta, sindicatos e patronal



O 061 contabilizou un total de quince ambulancias con picadas nas rodas, entre as 20,00 horas do sábado e as 20,00 horas deste domingo, que se suman aos 38 vehículos que foran "saboteados" nos dous primeiros días de folga.



Ambulancia con picada en Galicia

Un dos vehículos picados


De acordo cos datos recompilados pola Xunta, entre as 00,00 horas do venres 8 de febreiro, cando arrincou o paro, ata as 20,00 horas deste domingo, foron rexistrados un total de 53 mbulancias con picadas, así como pintadas en cinco vehículos.


Este domingo a situación repetiuse. Desde as oito da tarde ata as doce do mediodía contabilizáronse 15 ambulancias afectadas nos concellos pontevedreses de Marín, Caldas de Reis e A Guarda, e en Xinzo de Limia (Ourense).


Pero desde esa hora ata as oito da tarde producíronse danos a outras oito, en concreto, cinco en Vigo, unha en Santa Comba, outra en Baiona e unha última en Redondela.


O 061 condenou "este tipo de sabotaxes e accións vandálicas" e asegurou que "traballa para garantir a cobertura sanitaria da poboación".


SERVIZOS MÍNIMOS

Ademais, lembrou que os servizos mínimos, "ao ser servizos esenciais para a poboación", son do 100% en toda a Comunidade autónoma.


As protestas dos traballadores continuarán este luns no que será a cuarta xornada de folga. Os sindicatos teñen recorridos os servizos mínimos ao entender que hai labores, como os traslados intrahospitalarios que non son urxentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE