"Vox meréceme un respecto, Carmuchiña non"

Gonzalo Durán vai camiño de converterse no Donald Trump galego. Non contento con espetarlle "chacha para todo" a Carmela Silva, onte redobrou os seus ataques contra a presidenta da Deputación de Pontevedra (PSOE), á que alcumou "Carmuchiña" e "Carmeliña".


|

Gonzalo Durán vai camiño de converterse no Donald Trump galego. Non contento con espetarlle "chacha para todo"  a Carmela Silva, onte redobrou os seus ataques contra a presidenta da Deputación de Pontevedra (PSOE), á que alcumou "Carmuchiña" e "Carmeliña".




Gonzalo duran

Gonzalo Durán


DEFENSA DE VOX

O alcalde de Vilanova (PP) declarou que "eu non teño nada contra Vox, de momento non se saltou ningunha lei. Hai xente aí que me merece un respecto, como Ortega Lara, ao que os amigos de Sánchez, de Carmela e de Podemos tiveron nun zulo como un animal. El si me merece respecto, Carmela non". 


Polo visto, a Durán non lle gusta que se critique a Vox porque, en alusión ás críticas do seu rival a  Vox, dixo que  "antes de falar de Vox debería lavarse a boca. Alí hai xente que son heroes neste país, e ela non o é, ela que está a contemporizar con quen quere romper España". 


ACABA DE PERDER UN PREITO CONTRA A DEPUTACIÓN

Non contento con tales saídas de ton, prognosticou que "Carmela vai terminar no cárcere, sabe que fixo cousas que non se poden facer, quedan moitos xuízos".


E iso que a Xustiza, precisamente, acaba de fallar na súa contra, tirándolle ademais das orellas. O xuíz reprochoulle que presentase unha subvención con documentación doutro proxecto  xa construído e que aínda por encima cando a Deputación xustamente negoulla levase o asunto ao un contencioso administrativo.


A virulencia das arremetidas de Durán non atopa freo no PP. Cando chamoulle "chacha para todo" do "ancián" Abel Caballero, ninguén no partido foi máis aló de dicir que non comparten o ton das declaracións. 


Nunha entrevista con Galiciapress, Carmela Silva apuntou a que tal permisividade do PP co seu edil nace do coñecemento do alcalde de Vilanova de Arousa da vida interna dos conservadores no Salnés, en alusión ao pasado financiamento dos conservadorespor parte dos clans do contrabando, como recoñeceu o propio Laureano Oubiña. "Sabe todo sobre a historia do PP no Salnés e en Galicia” , dixo a política feminista, que esta semana chamou a crear unha fronte ante o avance da "ultradereita" .

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE