O monstro de Roikenstein

Rodrigo Brión Insua


Bebenacimientosdemografia


Hai uns días o meu sobriño, Diego, cumpría un aniño. Na festa polo seu aniversario todos comentaban o moito que crecera (iso que teñen os bebés, que crecen) e o que se parecía á súa nai. Ou ao seu pai. Porque todo depende do cristal co que se mire. Ai, a herdanza xenética! Que lle deu ao meu sobriño de cabelos dourados partes da miña irmá e partes do meu cuñado. Co tempo saberemos que se levou de cada  un, pero o que é seguro é que pode contar co agarimo de ambos.


Pensar nisto fíxome lembrar un dos debates que azoutan de cando en vez o panorama científico: os bebés á carta. Un debate que hoxe está máis candente que nunca despois de que un grupo de científicos chineses anunciasen o fito de que, por primeira vez, lograron modificar xeneticamente a dous bebés que grazas á técnica de edición de xenes agora son resistentes ao virus da sida. Este avance científico métenos de cheo no futuro, onde non haberá nenos como o meu sobrio. Refírome a nenos imperfectos, que teñen por puro azar isto ou o outro do seu pai ou da súa nai. Os humanos do futuro serán ensamblados, coma se dun coche tratásese, coas características que os seus pais, a partir de entón creadores ou deseñadores, desexen. Un marabilloso avance científico, que poderá erradicar as enfermidades xenéticas ou conxénitas e as malformacións. Nenos e nenas sans, que poidan enfrontarse á vida en plenitude de condicións desde o minuto uno. Con todo, o egoísmo humano levaranos a usar ese prodixio médico para fins moito máis profanos. Así, os infantes deste século serán do sexo que elixiron papá e mamá, crecerán ata o tamaño que queiran os avós, terán a cor de pelo segundo guste máis ou menos aos seus padriños e a cor de ollos e pel determinarao o Estado. Esta última parte admito que é máis unha visión ‘nostradámica’ miña que unha certeza científica.


Con todo, non me interesa tanto o aspecto físico como no plano dos valores ou as capacidades. Non sería fantástico poder adquirir dos nosos heroes aquilo que máis nos interesa e facernos un popurrí de atributos? Hai tantísima xente á que admiro por un aspecto concreto, por unha faceta determinada, que, se puidese, faría de min mesmo un moderno Prometeo, o monstro de Roikestein! Co enxeño de Rafa Cabeleira, a valentía de Jon Sistiaga, a oratoria de Rodrigo Cortés, a voz de Ferran M.D.E, a paixón de Denzel Washington, a rabia de Keny Arkana, a graza de José Juan Vaqueiro, a calidade Leo Messi, a elegancia de Audrey Hepburn, a prosa de Gabriel García Márquez e o talento de Caravaggio. Ah! E os diñeiros de Amancio Ortega (por pouco quedo tan pobre como había vindo).


Pero confórmome con ter a creatividade e o valor da miña nai e a curiosidade e o sentido do humor do meu pai. Pero, sobre todo, confórmome con ter o seu agarimo. Por ao final, que importa como sexan as persoas sempre que sexan queridas? Esa é a mellor herdanza que me poden deixar porque, de non telo, si que sería un monstro. Un prezo moi baixo se a cambio son vulnerable á sida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE