40 anos ao teu lado

Roberto González

Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia


IMG 9063


40 anos de historia. Catro décadas avalan ao Sindicato Unificado de Policía na defensa dos dereitos de todos os Policías Nacionais. Nunca cambiou as súas siglas e respectou as súas orixes e tamén a súa esencia. Aproveitou os cimentos daqueles compañeiros que iniciaron a loita, dos que sufriron a expulsión do Corpo, arrestos arbitrarios, ou, simplemente as consecuencias de sublevarse ante unha organización militar, con restrición de dereitos fundamentais, como a sanidade ou a liberdade. Eses compañeiros, reivindicaban unha policía civil ao servizo da cidadanía.


40 anos que dan para moito. Ao longo deste tempo, o SUP sempre se mantivo firme ante os abusos da Dirección Xeral da Policía e do goberno de quenda, conseguindo múltiples avances, tanto por acción como por prevención. O SUP manifestouse, en Unidade de Acción ou en solitario, en multitude de ocasións pola falta de medios materiais, inseguridade xurídica, equiparación salarial, escaseza de persoal, contra a Lei de Persoal, Xornada Laboral ou contra responsables policiais ou políticos. Sempre mantivo unha liña. Os seus principios son a defensa xeral do colectivo, renunciando aos intereses propios, tal como demostrou na negociación da equiparación salarial.


A fortaleza do SUP é o seu gabinete xurídico, a súa acción sindical, a súa formación de calidade, os seus convenios, as súas federacións de Escala e de Especialidade, os recursos psicolóxicos en beneficio dos compañeiros ou a maioritaria presenza nos medios de comunicación e denuncia pública. A súa fortaleza tamén é a seriedade, o rigor, a atención aos afiliados e a transparencia. Pero sobre todo, a principal fortaleza do SUP, son os seus representantes. Centos de delegados, repartidos por cada unha das comisarías do territorio, que ofrecen o seu tempo, o seu entusiasmo, a súa implicación e o seu traballo desinteresado a cambio de axudar aos afiliados aos que representan e a quen se debe. Eles merécense o meu absoluto recoñecemento e respecto por manter con luz propia a chama da semente que germinó hai 40 anos e que seguirá viva durante moito tempo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress