Todo listo para a cerimonia dos Galegos do Ano
O Correo Galego celebra a 29 edición da súa tradicional gala dos Galegos do Ano. O evento comezará este xoves a partir das 20 horas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. A organización espera uns 1.500 asistentes.
El Correo Gallego celebra a 29 edición da súa tradicional gala dos Galegos do Ano. O evento comezará este xoves a partir das 20 horas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. A organización espera uns 1.500 asistentes.
Entre eles estarán, loxicamente, as principais autoridades da autonomía e os premiados. O primeiro galardón recollerao unha figura clave da política galega nas últimas décadas, José Manuel Romay Beccaría. O ex-presidente do Consello de Estado foi tamén ministro de Sanidade, conselleiro de Sanidade e marcou en gran medida os designios da dereita galega e española nas últimas décadas. Recibirá unha homenaxe á súa dilatada carreira pública, da que se retirou este verán.
Romay Beccaría recollendo a Medalla de Galicia 2017
A saltadora Ana Peleteiro, Miguel Carrero López (grupo PSN), Felipa Jove (presidenta da Fundación María José Jove e directiva do grupo Inveravante), José Delfín Pérez (Applus+), José Luís Antuña (director de CLUN, antes Feiraco), Vitoria de Rojas(xefa de Oftamología do CHUAC), o escultor Francisco Leiro, a doutora de Neonatología do CHUS Luz Couce, o empresario de novas tecnoloxías Antonio Agrasar (Plexus), Alfredo García Allut (responsable de transplantes no Hospital Gregorio Marañón), Marcelo da Cruz (presidente de ASPAS), o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática Fernando Suárez e os músicos da Tuna de Dereito da Universidade de Santiago completan a nómina de premiados.
Escribe o teu comentario