Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia
O vindeiro luns incorpóranse á Escola Nacional de Policía 3.200 alumnos da Escala Básica, que superaron a primeira fase da oposición que lles levará, en xuño de 2.020, a culminar o soño de ser funcionarios de carreira e policías de vocación.
Por diante, case dous anos de formación. Meses duros nos que compartirán experiencias que xamais esquecerán, nos que sufrirán, nos que rirán, nos que se proxectarán amizades que manterán durante anos e nos que aprenderán o significado profundo da palabra compañeiro. Será un tempo no que se verán angustiados pola inflexibilidad das normas, polas aglomeracións ou polos exames pero un será un tempo no que tamén gozarán de momentos inesquecibles nunha cidade fermosa.
Preto de 250 alumnos galegos partirán o domingo cara a Ávila coa maleta cargada de ilusión, con ganas de comezar unha nova etapa, coa tristeza desprenderse da súa familia pero coa alegría de vestir o uniforme de azul. Co enorme entusiasmo de vivir o que desexaron e polo que pelexaron tan duro.
Un feito que podemos comprobar na maior parte das comisarías de España, onde desde o pasado 20 de xuño realizan as prácticas os últimos alumnos que culminaron a súa formación presencial na Escola, é que cada vez, os policías saen á rúa máis e mellor formados.
Teñen iniciativa, ganas, ilusión e son grandes profesionais. Profesionais de a mellor profesión do mundo, a de Policía Nacional. Adiante promoción 34.
Escribe o teu comentario