O Porto apunta a un "fallo estrutural" no accidente de O Marisquiño

O Porto de Vigo anunciou que encargará de inmediato un estudo técnico para coñecer as causas do derrube dun tramo do paseo na dársena do porto deportivo, onde se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño, e que causou feridas a máis de 313 persoas, cinco delas graves


|


Dkbv3NBX4AA8weE


O Porto de Vigo anunciou que encargará de inmediato un estudo técnico para coñecer as causas do derrube dun tramo do paseo na dársena do porto deportivo, onde se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño, e que causouferidas a máis de 313 persoas, cinco delas graves.


Segundo confirmou o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, en declaracións a Europa Press, "parece que o formigón partiu", polo que todo apunta a que "máis que problemas de mantemento", o accidente teña a súa orixe nun "fallo estrutural".


En todo caso, sinalou que "primeiro, o máis importante, é saber que pasou" para logo apuntar responsabilidades "se as houbese". De feito, segundo lembrou, a construción dese paseo foi unha obra de Zona Franca nos anos 90 (dentro do polémico proxecto 'Abrir Vigo ao Mar') e, segundo un acordo institucional desa época, o mantemento da zona correspondería ao Concello de Vigo, polo que é "unha zona complexa de administrar".


López Veiga indicou que "ao Porto correspondíalle ceder o espazo e esixir un seguro de responsabilidade civil, que a organización si tiña". O control do evento, engadiu, é responsabilidade da organización do festival.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE