Campaña de denuncia e mobilización contra a discriminación laboral das mulleres

|

2018 07 05 campau00f1a discriminacion laboral mulleres


A Secretaría dás Mulleres da Confederación Intersindical Galega presentou este xoves unha campaña para "visibilizar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres, polo feito de selo, no mundo do traballo". Así explicou a secretaria da sección, Margarida Curral, o plan que inician baixo o lema "Xa é hora de avanzar nos nosos dereitos". 


"Lanzamos esta campaña conscientes da necesidade de loitar contra as diferenzas salariais, contra o desemprego, contra a minusvalorización dos traballos feminizados, contra a problemática derivada dos coidados (dentro e fóra do fogar), contra os salarios de miseria, contra a precariedade, a eventualidade, as xornadas parciais, o acoso machista", explicou Curral en rolda de prensa. 


A Secretaria de Mulleres explicou que cada denuncia dunha situación de desigualdade acompañarase con mobilizacións "para que transcendan socialmente". Avanzou que o próximo 11 de xullo previron a primeira das concentracións diante a fábrica de Citröen de Vigo, ao haber "vulnerado dereitos fundamentais" co último acordo sobre sistemas de organización en casos de redución de xornada. Desde o sindicato consideran que a decisión da empresa imposibilita unha concreción de xornada laboral flexible e, polo tanto, a conciliación. 


Margarida Curral destacou outros casos de empresas privadas como UNISONO, empresa denunciada por denegar solicitudes de redución de xornada por garda legal; Froiz, con varias denegacións de fin de redución de xornada; Inditex, que "denega a maior parte das solicitudes de concrecións horarias das reducións de xornada"; Pescanova, que "nega o dereito á concreción horaria" ao persoal con fillas ou fillos menores de 12 anos; ou grupo Norte, onde as traballadoras levan semanas protestando.


Adviertió tamén de que a discriminación non se produce só en empresas privadas, e ejemplificó o caso do Sergas, que "só acepta reducións dun terzo ou media xornada". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress