Quen provoca a deterioración do Sistema Sanitario Público Galego?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Nos últimos anos de goberno do PP en Galicia e no Estado as persoas usuarias do Sistema Sanitario Público veñen confirmando a rebaixa na calidade da asistencia sanitaria. O señor  Nuñez Feijoo e a Consellería de Sanidade toman medidas que só prexudican a a parte máis débil da cadea, que son as persoas enfermas crónicas e as persoas pensionistas. Medidas como o copago farmacéutico, implantadas polo PP no estado español ou esas tremendas listas de espera tanto en Galicia como no resto do estado están a facer que o deterioro do Sistema Sanitario Público sexa evidente.


A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública afirma que “o copago das persoas pensionistas supón unha barreira de acceso aos fármacos, de tal xeito que un 25% deste colectivo cas rendas máis baixas non retira os tratamentos prescritos, poñendo en risco a súa saúde”.


A nivel local, a Xerencia de Compostela (así como outras xerencias en Galiza), ven de confirmar esta semana aos sindicatos que prevé prescindir de ata 172 camas entre o 16 de xullo e o 16 de setembro.


En moitos concellos de Galiza estanse “reestruturando” as consultas de Pediatría (termo eufemístico para dicir que “se quitan Pediatras” dos concellos periféricos a un Punto de Atención Continuada-PAC).


As xerencias sanitarias insisten en que “se usarán esos recursos si hay presión asistencial que lo aconseje y justifique”. Coma sempre, primeiro é o caos e despois tenta poñerse o remedio, cando xa é tarde. Para os sindicatos trátase dun «desmantelamento» e “deterioro da Sanidade Pública». Afirman que o peche de servizos sanitarios carece de toda lóxica asistencial, porque xera un incremento das listas de agarda, tanto de cirurxía como de probas diagnósticas e consultas, e tamén das listas de desemprego, ao non contratar a máis persoas desempregadas para cubrilas vacacións do persoal”.


A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, afirma que dende que comezou a crise privatizáronse prestacións de servizos médicos e asistenciais, pero agora a Xunta empezou a externalizar a intelixencia do sistema, poñendo en mans privadas a loxística, a investigación, a xestión, os historiais clínicos, a receita electrónica, o laboratorio central de Galicia... E puxéronse en marcha chiringuitos de colaboración público-privada onde é a iniciativa privada a que leva case todo o peso e os beneficios.


Manuel Martín, Presidente da Asociación, pon como exemplo a privatización do Laboratorio Central de Galicia, que centraliza todas as analíticas que se realizan nos hospitais do Sergas, ou o acordo segredo cunha multinacional estadounidense que fabrica equipos cardiolóxicos (Medtronic), para que xestione os departamentos de cardioloxía de tres áreas sanitarias –A Coruña, Santiago e Lugo-, poñendo o seu persoal (privado) entre os servizos sanitarios públicos, avaliando custos e valorando as necesidades de material e equipamento que esa mesma empresa vende ao Sergas.


O Sr. Feijoo trata de xustificar estas cuestións dicindo que “fixo o que tiña que facer pola sustentabilidade do Sistema Sanitario Público Galego”…pero nós dicímoslle que foi a costa dos e das máis débiles e vulnerables e que como consecuencia das súas políticas as grandes empresas adicadas á sanidade privada están obtendo enormes beneficios. A calidade do Sistema Sanitario Público Galego vese minguada de forma importante polas súas políticas.


Outra razón que lle dicimos é que a saúde é o ben máis prezado que temos...se por decisións políticas se perde a calidade da mesma, a comorbilidade e incluso a mortalidade aumenta e recaerá sobre as súas conciencias o que fixeron.


A aprobación (en solitario por parte do PP no Parlamento de Galicia e en contra de tod@s) da Lei Galega de Saúde foi un novo tiro na liña de flotación do Sistema Sanitario Público Galego.

A aplicación da chamada, eufemísticamente, Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias (que o único que garantiza é que o Sistema Público lle vaia derivar “clientes” á empresa privada), fixo que moitas persoas non sexan atendidas en tempo e forma dentro do Sistema Sanitario Público: 45 días para unha proba diagnóstica e unha primeira consulta e 60 días para unha intervención cirúrxica. Isto implica a derivación masiva de pacientes á sanidade privada pois o Sistema Público non pon os medios para facer o que di a lei.


…..E queren dar outra volta de porca, facendo (ca presión das grandes multinacionais da sanidade privada) unha Lei para Galiza, ad hoc, de Incompatibilidades Médicas (Lei que agora depende do estado español) e que consideran “moi restritiva” e “aplicada por Talibáns”, co que poderán compaxinar a persoal sanitario da Sanidade Pública ca sanidade privada, co novo deterioro que suporá para a Sanidade Pública.


Volvemos á pregunta do título deste artigo: Quen provoca o deterioro do Sistema Sanitario Público Galego? Por suposto...o propio sistema!


Non o permitamos. Defendamos a Sanidade Pública Galega e impidamos que “os bos xestores” a sigan deteriorando e desmantelando.

1 Comentarios

1

E os burriños galegos, seguen votando o PP. E defendendo que Fraga lles deo as pensions; ¡vaia por Deus!. Eisi nos vai.

escrito por José Rodríguez Sánchez 30/Xuñ/18    12:55 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE