En funcionamento o novo local da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no Clínico

|

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visita ADOS


O Complexo Hospitalario Clínico de Santiago (CHUS) estreou nos últimos días un novo local da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) cunha superficie de 75 metros cadrados que dispón de consulta médica e sala de hemodonación, con cinco postos de doazón nos que é posible doar de forma convencional e polo sistema de aférese.

Esta semana o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou as novas dependencias da ADOS para a comarca de Santiago e destacou que as instalacións están emprazadas nun lugar "preferente, accesible e de máxima visibilidade", segundo recolle un comunicado da Xunta emitido este sábado.

Así, o novo local permanecerá aberto de 08,00 a 22,00 horas de luns a venres, e de 08,00 a 15,00 horas os sábados. Ademais, entregaranse vales de aparcadoiro para facilitar o acceso dos cidadáns.

A Axencia de Doazón de Órganos na comarca de Santiago rexistra ao redor de 3.700 doazóns ao ano, unha cifra que o Sergas considera como reflexo da "colaboración solidaria da cidadanía".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress