Os alugueres máis baratos e máis caros de Galicia están en Santiago

A zona do polígono de Vite, por unha banda, e o centro da cidade de Santiago, en concreto a rúa Xeral Pardiñas, rexistran os valores mínimos e máximos dos prezos por metro cadrado de vivenda de aluguer en Galicia.


|

Xeneral pardiu00f1as


Segundo o último informe anual de alugueres máximos e mínimo de vivenda nas principais cidades e capitais españolas que publica a sociedade de taxación Tecnicasa, a zona do polígono de Vite, por unha banda, e o centro da cidade de Santiago, en concreto a rúa Xeneral Pardiñas, rexistran os valores mínimos e máximos dos prezos por metro cadrado de vivenda de aluguer en Galicia.  


Mentres que en Vite o prezo por metro cadrado son 4 euros mensuais, en xeral Pardiñas a media é de 12,6 euros mensuais por metro cadrado.


Segundo o informe de Tecnicasa, o aluguer é un 4,86% de media máis caro en España que hai un ano. A nivel estatal as rúas máis caras son, en primeiro lugar e un ano máis, o Paseo de Grácia de Barcelona cun prezo medio de 35,5 euros; a Rúa Serrano de Madrid, onde a media sitúase en 35,5 euros; e a Avenida da Liberdade en San Sebastián, cun custo media de 22,7 euros.


A COMPRA DE VIVENDAS

Da mesma forma, Santiago de Compostela rexistra os prezos máximos e mínimos á hora de comprar este tipo de inmobles. Mentres que no ano 2008 o máximo dábase na Coruña, cun prezo medio de 4.450 euros por metro cadrado, o 2017 pechouse cun prezo medio de 3.460 euros por metro cadrado en Compostela. Isto supón unha variación de -22,24% con respecto aos prezos pre-crises. 


O mínimo tamén se atopa na capital, cun custo medio de 920 euros por metro cadrado, que constitúe un lixeiro aumento desde o 2008 do 2,2%, cando podiamos atopar o menor prezo de compra en Lugo, con 900 euros. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE