Camiños no Carballiño: O Asador Veracruz

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

“No Carballiño hai boa carne, pan e viño”, rezaba o refrán dos máis maiores, e despois ou antes, antes ou despois apareceu o polbo. Na actualidade, este prezado molusco cefalópodo, ten un prezo tan proibitivo que os camiños gastronómicos tornan a pratos clásicos de calidade. Estou a descubrir o asador Veracruz, que posúe un entorno fabuloso a carón da igrexa modernista do xenio Palacios. Aberta desde o ano 2000, José Manuel de la Fuente ofrece varias especialidades das que ben se pudera gabar. Bacallao, anguías e churrasco, ademáis do polbo feito con esmero, son ofertas que con prezos populares nos achegan cada semana a este recuncho do Carballiño.


As xentes toman nota pouco a pouco, mais cada fin de semana os que veñen de paso non deixan de gozarse coas croquetas de polbo que sempre poden topar no menú do día. Boa atención de José Manuel, que non deixa de azuzar as brasas para ter todo ben preparado para o churrasco. Pola semana as xentes dos pobos enchen o comedor. O viño de Cabanelas alimenta o espíritu do máis deprimido, e xunto co pan, a carne e o cocido, crea un ambiente excepcional sen un umbral sonoro que distorsiona tantas veces os mellores dos sabores.


Os camiños do Carballiño lévannos moitas veces aos lugares de sempre. Poucas veces somos quen de lles dar oportunidades aos máis novos, que con ilusión e valentía, caen no mundo da restauración, sempre complexo e arriscado. Xa temos outra boa escusa para visitar a vila do Arenteiro en comer algo máis que polbo. Por variar.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE