​“Máis de 90 postos de traballo” nun novo mercado gastronómico galego

|

Os promotores do novo Mercado Gastronómico de Boanerges, os irmáns Pedro e José Ramón Acevedo, anuncian un investimento de de 2,5 millóns de euros. O espazo de restauración planea ter de 1.000 m2 e 17 postos de produtores locais de alta gama e “xerará máis de 90 postos de traballo directos”. A data apertura estimada é "esta primavera".



EXTERIORES 1


Estará situado en Rúa Monte do Seixo, á beira do Corte Inglés de Santiago de Compostela. Terá dúas plantas, a baixa, con 17 postos e cafetería, e a superior, con neotaberna e coctelería, en “un estilo que conxuga tradición e modernidade”.


Os empresarios prometen que “o seu novo concepto de restauración vira ao redor de os produtos máis representativos da gastronomía galega” pois “o concepto de mercado tradicional do noso país foi superado por un formato de negocio moderno que contempla a compra de alimentación desde unha óptica gourmet, asociada á excelencia do produto e á posibilidade de degustación in situ”.


Santiago de Compostela sumarase así a a moda dos chamados mercados gastronómicos comezaron a aparecer en Madrid, de onde proveñen os investidores, hai case unha década.



MERCADO 1


O grupo investidor do proxecto é unha sociedade empresarial constituída en 2016 a este efecto polos irmáns Pedro e José Ramón Acevedo. Os promotores aseguran que “o investimento medio que deben realizar os operadores das diferentes casetas parte de 35.000 euros” e prevén “ unha amortización estimada a partir dos primeiros 16-18 meses”.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress