​Bruxelas pronunciarase nunhas dúas semanas sobre o plan conxunto da sardiña

O documento conta cun recorte do 14% e espérase que "teña a validación" da Comisión Europea.


|

Sardiñas 1


O secretario xeral de Pesca, Alberto López-Asenjo, informou este luns de que España e Portugal lle remitiron a Bruxelas o seu acordo de plan conxunto para a sardiña, mentres calcula que tras a análise técnica por parte da Comisión Europea "en dúas semanas terían que ter xa elementos de referencia" para pronunciarse.


Ese acordo entre Madrid e Lisboa para evitar o peche da pesqueira pasa por un tope de capturas de 14.600 toneladas, o que supón un recorte do 14%, cun plan de xestión "reforzado", peches en tempo real, reparticións de cotas de capturas e inicio de actividade a partir do 1 de maio --con actividade ata outubro--.


Así, remitiuse unha carta a Bruxelas asinadas polas ministras de Pesca de España e Portugal con este plan de xestión no que se puxeron " de acordo", polo que "o lóxico" é que "teña a validación" da Comisión Europea.


Diso informou este luns López-Asenjo en declaracións aos medios en Santiago antes de participar coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, no Consello Galego de Pesca.


"A nosa intención é detallar e dar as máximas precisións, que pensamos que o fixemos neste documento, pero loxicamente pode ser susceptible de que haxa algunha pregunta", explicou, con todo, López-Asenjo sobre os prazos de Bruxelas.


relacionada ​España e Portugal perfilan os detalles do acordo pesqueiro post-brexit
relacionada A sardiña queda fóra das negociacións europeas das cotas pesqueiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE