O Festival de Cans traerá consigo un concurso de 'booktrailers' e 'booktubers'

|


Libro


O Festival de Cans, que do 23 ao 26 de maio celebra o seu XV edición no Porriño (Pontevedra), acollerá este ano un concurso de 'booktrailers' e 'booktubers', que consiste en resumir o contido dun libro en pezas audiovisuais de poucos minutos, co obxectivo de "estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades, e sobre todo entre a xuventude".


Segundo informou a organización do evento, este concurso, que estará aberto á participación de persoas de calquera punto de Galicia, denomínase 'Ollo de vidro' e enmárcase nunha iniciativa da canle de Youtube 'Recoméndoche un libro', promovida por varias bibliotecas, centros educativos e asociacións.


Un xurado escollerá unha selección de pezas finalistas para a súa proxección en Cans, e durante o festival celebrarase a final na que se desvelará aos gañadores. O primeiro premio estará dotado con 400 euros, o segundo con 250 euros e o terceiro cunha estancia en Cans con noite de hotel e entradas para o concurso de curtametraxes; e todos recibirán lotes de libros, esculturas e placas.


O prazo de inscrición para este concurso, cuxas bases se poden consultar na web de 'Recoméndoche un libro', permanecerá aberto ata o próximo 23 de abril. Doutra banda, o período para inscribir curtametraxes e videoclips ao Festival de Cans manterase ata o domingo 4 de marzo a través da plataforma Festhome ou na web do propio festival.

relacionada ​O CGAI inicia un ciclo dedicado ao cineasta francés Jean-Luc Godard
relacionada ​A transformación da Costa da Morte e o encaixe de Camariñas, en clave feminista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress