Mantense a situación de colapso no CHUS a pesar da negación do centro

A ‘Asociación de Pacientes’ denuncia a falta de recursos do centro hospitalario para atender no servizo de urxencias. 


|

CHUOurxenciacolapso


O Centro Hostpitalario Universitario de Santiago (CHUS) volveu vivir unha tarde negra de colapso o luns 5 de febreiro. Como informa a ‘Asociación de Pacientes’, a paisaxe no centro hospitalario volveu ser caótico, a pesar de que a xerencia do CHUS mantén o discurso ante os medios de que o colapsoestá a remitir”. A plataforma denuncia que o colapso empeorou e a saturación é propia “de estados de emerxencia ou catástrofe”.


Así, a asociación denuncia que o colapso obrigou a que os pacientes se apiñasen ao longo da tarde nos corredores do centro. En total, entre 20 e 25 pacientes ocupaban o espazo de traballo dos sanitarios, xa que non podían colocalos noutros lugares. Algúns pacientes estiveron máis de catro horas sen ser atendidos, mentres as cadeiras de rodas e os pacientes con doenzas máis graves amontoábanse nas zonas de acceso e outros corredores do edificio.


“Os pacientes sentimonos maltados e desprezados polas autoridades sanitarias que xestionan e dirixen o noso sistema público sanitario” denuncian desde a plataforma, lamentando que senten que “a nosa dignidade como seres humanos parece que non ten ningún valor”. Así, as asociacións denuncian que as autoridades sanitarias son as responsables da situación de colapso das urxencias do CHUS e que este repercute tanto na atención dos pacientes como no desenvolvemento da xornada dos profesionais sanitarios “sometidos a unha forte presión e impotencia por non poder desempeñar de forma adecuada as súas tarefas asistenciais”.


Así, a plataforma pide que se actúe canto antes para emendar este problema dotando ao centro de máis persoas para atender ás camas dispoñibles. Ademais, demandan que a antiga sala de reanimación permanece pechada en lugar de adaptala como un novo lugar de traballo para atender ás urxencias, así como que a planta de pneumoloxía do Hospital Provincial de Conxo segue en obras. Por último, a asociación lamenta que continúe o “proceso de desmantelamento de a atención primaria” e esixe “que os responsables sanitarios cumpran coa legalidade e asuman as súas responsabilidades”.  

relacionada Podemos Galicia reta a Almuiña a demostrar que os datos de sanidade son falsos
relacionada A manifestación en defensa da sanidade pública logra un apoio multitudinario

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE