Xunta

A Policía rexistra en Ourense un centro dependente da Xunta

Os axentes levaron dumerosa documentación do Centro Tecnolóxico da Carne, de San Cibrao das Viñas, sen que se producise ningunha detención.

Contas alerta de que o modelo de axencias públicas da Xunta dificulta o seu control

O órgano fiscalizador reprende o Goberno por seguir usando para gastos comúns fondos destinados a imprevistos.

Galicia quedará sen autobuses a partir da semana que vén

Os traballadores respaldaron a proposta dos sindicatos de estender a folga a todos os días da semana desde o próximo xoves 13.

Sindicatos e patronal logran que a Xunta convoque unha reunión a tres bandas

Será este xoves e versará sobre o conflito que leva enquistado desde a semana pasada e polo que se produciron xa catro xornadas de folga. 

A Deputación de Lugo denuncia repartición "caciquil" de axudas da Xunta a concellos do PP

Álvaro Santos, portavoz socialista do goberno provincial, asegura que 13 dos 16 millóns distribuídos foron para municipios populares.

A Xunta aproba o calendario de vacinación para adultos

A principal novidade é a vacina do neumococo a partir dos 65, que converte a Galicia na cuarta comunidade en iniciar esta práctica. 

Posturas "totalmente afastadas" entre Xunta, patronal e sindicatos polo plan de transporte

As tres partes tiveron unha "tensa reunión" este venres e volverán atoparse o luns na véspera da folga convocada polos representantes dos traballadores. 

Condena á Xunta pola morte de dous brigadistas en Fornelos en 2010

O fallo acolle en parte a demanda e obriga ao goberno autonómico a indemnizar cun total de 52.500 euros aos recorrentes. 

Concerto multitudinario para reclamar o AVE directo Vigo-Madrid

Caballero denuncia que o goberno quere converter a cidade nunha "sucursal ferroviaria" da Coruña e Santiago. 

A patronal de transporte esixe á Xunta a cancelación dun plan "catastrófico"

Reclaman un novo texto que se faga sen "présas" e mostran as súas sospeitas de que Infraestruturas busca dar "todo" a unha multinacional. 

A Xunta publica ortofotografías das principais cidades de Galicia

Datan do 1946 e a súa importancia radica na súa utilidade para comprobar os cambios producidos nas zonas urbanas galegas.

A Xunta poñerá en marcha 30 novas casas niño no rural

Os fogares ofrecerán atención diúrna de luns a venres, nun máximo de oito horas diarias para cada neno e un horario que será pactado co profesional.

112, un servizo público que non pode depender do lucro

Imaxine que do seu traballo dependen vidas humanas. Imaxine que vostede e algunhas das persoas compañeiras de traballo denunciaron que os medios son escasos e pouco coordinados. Imaxine que a pesar desa responsabilidade vostede está subcontratada/o e que ten un salario mileurista.

Unha directora xeral denuncia que o bipartito tivo un "comisariado político"

Era funcionaria neses anos. Luís Bará, do BNG, acusou á Xunta de elixir con criterios políticos os concellos que reciben axudas para proxectos ambientais.

Máis de 6.000 nenos quedan sen praza nas escolas infantís xestionadas pola Xunta

Política Social ofertou para o curso 2017-2018 máis de 9.700 prazas na súa rede A Galiña Azul para cativos de 0 a 3 anos.


Competencia e a Xunta atribúen os prezos dos carburantes á falta de gasolineiras

O organismo aínda non activou a investigación. Feijóo chegou a insinuar no seu día que as empresas pactaban prezos.

A Xunta amplía en 420.000 euros o 'cheque bebé' para nacidos en 2016

En 2016 as familias de máis de 15.000 bebés, ao redor do 80% dos nacementos, recibiron a axuda. 

A venda das centrais de Ferroatlántica decidirana funcionarios

Os informes da Asesoría Xurídica serán "vinculantes" e o Executivo pídelles que actúen "sen deixarse presionar por ninguén".

Dous anos de cárcere por suborno en obras de restauración da Igrexa en Galicia

Tres empresarios aceptan un ano de cárcere e multas de 1.000 euros mentres que un arquitecto terá que pagar uns 700 euros

Os traballadores de Ferroatlántica saen da reunión coa Xunta "preocupados"

O comité de empresa non conseguiu sacarlle á Xunta unha posición rotunda "do lado dos traballadores".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE