A Xunta promove a campaña de vacinación dando exemplo
O presidente do Parlamento galego e o conselleiro de Sanidade animan á poboación para vacinarse contra a gripe.
Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, e Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, visitaron o servizo médico da Cámara para interesarse pola campaña de vacinación antigripal e animou á poboación para protexerse deste virus.
Desde primeira hora e coincidindo coa sesión plenaria, varios deputados de distintos partidos seguiron esta recomendación e acudiron a vacinarse. Tanto Santalices, como Almuiña, animaron especialmente a vacinarse contra a gripe á poboación con risco de complicacións no caso de padecer este proceso vírico.
O presidente da Cámara ha insistido en que "o efecto preventivo da vacina é moi elevado" e explicou que, desde o Parlamento foméntanse estas prácticas, porque a Cámara "está sempre á beira dos problemas da sociedade".
Escribe o teu comentario