A Administración rexeita o uso de “trampeo masivo” contra a avespa asiática
A proliferación das colmeas destes insectos invasores supón un problema a varios niveis.
A Plataforma 'Stop Vespa velutina' criticou as medidas tomadas ata agora para afrontar o problema da avespa asiática. A asociación tacha de “parches” as medidas adoptadas e solicita un trampeo “masivo” na primavera, unha posibilidade que a Consellería do Medio Rural descarta por non estar recollida na Estratexia Nacional do Ministerio de Medio Ambiente.
Desde 2012 a velutina converteuse nun problema serio a nivel rural, económico e ecolóxico. Desde Medio Rural xa cualifican á avispa asiática como “un fenómeno imparable” que pode supoñer un grave risco para a saúde. Nestes momentos os esforzos céntranse "na vía de control" e non na erradicación xa que segundo informa a Administración “cos coñecementos actuais, non é posible"
Ao 4 de decembro deste ano, segundo datos do departamento autonómico, habíanse retirado ou neutralizado en Galicia 21.130 niños fronte aos 11.000 de 2016, cifra á que habería que sumar os que se retiran de forma particular. Desde a Administración insisten, con todo, en que deben ser profesionais quen acometa este labor ante unha especie detectada xa en 236 concellos galegos, segundo datos achegados polo xefe do Servizo de Sanidade Animal de Medio Rural.
"Non se está facendo todo o que se debería e a Administración aínda non é consciente da gravidade", sostén Laura García, portavoz da Plataforma 'Stop Velutina', que reclama unha comisión de seguimento "operativa" e financiamento para a investigación. "A resposta da Administración foi moi limitada, investindo en estratexias que non está demostrado que sexan efectivas", engade o biólogo e profesor da Facultade de Medicina da USC, Xulio Maside, portavoz dun equipo multidisciplinar que elaborou o estudo para a Deputación da Coruña.
Desde a Consellería do Medio Rural, sublíñase, con todo, o traballo realizado, aínda que admiten que erradicar esta avispa é actualmente "unha utopía" pola súa expansión e pola ausencia de "métodos selectivos e eficientes". Así o recoñece tamén o xefe do Servizo de Sanidade Animal quen avoga por centrarse nestes momentos en "o control" co trampeo cando a raíña é "susceptible de ser capturada". Mentres non se chega a un consenso co trampeo, os investigadores estudan o posible uso de "parasitos autóctonos".
Pola súa banda, Xulio Maside admite que o principal problema está "en que se descoñecen aspectos fundamentais da bioloxía desta especie" e, por iso, demanda, como os afectados, o apoio necesario á investigación. En canto á forma de abordar o problema, Maside explica que unha opción sería buscar "unha substancia ecoloxicamente máis segura" fronte ao uso de "velenos insecticidas", pero recoñece que iso esixe "determinar o método de subministración aos niños e en que dose". Con todo, móstrase máis partidario de buscar "parasitos autóctonos" que poden facer á avispa velutina "vulnerable".
Escribe o teu comentario