Almuiña non ve razóns para “favorecer un comercio legal de cannabis”

O consellerio de Sanidade da Xunta ha manifesado a súa negativa á legalización do cannabis no I Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei'


|


ICongresoCannabis 1
Membros do 'I Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei' 


Jesús Vázquez Almuiña, consellerio de Sanidade da Xunta, afirmou durante a celebración do ‘I Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei' celebrado en Catoira (Pontevedra) que non existenrazóns sociais ou de saúde” que "xustifiquen ou favorecen un comercio legal do cannabis, como pretenden os promotores deste mercado" comparando a estratexia da industria do cannabis coa industria tabaqueira.


"Temos que ser precavidos fronte aos movementos que tratan de normalizar aínda máis o seu consumo", advertiu o titular de Sanidade, quen recalcou que a misión dos xestores sanitarios "é protexer á mocidade". “Igual que ocorre con outras substancias psicoactivas, cuxo consumo está moi normalizado e que son as que dan maiores problemas de saúde pública, existe unha relación directa entre a tolerancia social, a normalización do consumo e as prevalencias de uso en idades novas" denunciaba o conselleiro.


Ademais, puxo de manifesto os estudos que relacionan o consumo de cannabis con “alteracións no desenvolvemento do sistema nervioso central, o fracaso escolar e outras anomalías”, aglutinando outros parámetros como os accidentes de tráfico ou as condutas sexuais de risco derivadas do consumo do cannabis.


O principal afán da industria é o beneficio, non responden a temas de liberdades” afirma Almuiña. "Temos claro que detrás de moitos movementos procannábicos escóndense intereses económicos que buscan clientes cativos de procesos adictivos", sostivo o conselleiro na súa intervención.


En relación ao suposto efecto terapéuticos do cannabis, o titular de Sanidade da Xunta sinalou que "a prescrición dunha terapia farmacolóxica é competencia exclusiva dos profesionais sanitarios". "E, como non podía ser doutro xeito, calquera fármaco debe ser posto no mercado seguindo as canles de avaliación de eficacia e seguridade que marca a normativa", abundou.


En canto ás cifras de consumidores Almuiña afirma que as cifras reflicten que "máis do 35 por cento da poboación galega de 15 a 65 anos recoñece consumir cannabis algunha vez na súa vida, e o 2,1% faio a diario". Ademais, durante 2016 en Galicia "case 1.500 pacientes foron atendidos polo sistema asistencial galego por presentar problemas derivados do consumo de cannabis". "E un número non despreciable de pacientes, sobre todo en poboación xuvenil, foron atendidos en centros hospitalarios por reaccións adversas graves, sobre todo psicoses, incluíndo crises esquizofrénicas", concluíu o titular da carteira de Sanidade da Xunta.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE