Plantéxanse melloras na pesqueira de sardiñas ante o seu posible peche
A Xunta busca "mantela aberta" en 2018 a través de melloras no plan de xestión
A través de “melloras” no plan de xestión conxunto entre España e Portugal, a Xunta pretende “manter aberta” a pesqueira de sardiña ibérica en 2018, segundo comentou a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez.
O próximo 4 de decembro será a data límite para propoñer á Comisión Europea un plan plurianual de recuperación detallado da sardiña ibérica, co fin de manter a pesqueira nun nivel que asegure o crecemento da súa biomasa.
Mercedes Rodríguez explicou a incapacidade do Consello Internacional para a Exploración do Mar á hora de discernir as causas da caída do ‘stock’ de sardiña, con “niveis de recrutamento moi baixos” nos que “nin pechando a pesqueira durante 10 ou 15 anos” se recuperaría. A directora xeral de Pesca apunta a criterios ambientais como principais motivos.
As deputadas de En Marea e o BNG, Carmen Santos e Montse Prado sinalaron a pasividade da Xunta ante o posible peche da pesqueira o ano que vén, e incidiron nas “moitas familias” que dependen deste sector en crise.
Escribe o teu comentario