Terceiro, se me permiten un consello, creo que sería bo unha acción conxunta de todas as institucións galegas, desde a Xunta até o delegado do goberno, desde os empresarios até os sindicatos, e desde a FEGAMP até o Eixo Atlántico, para comprometer 4 puntos básicos e indivisibles sen os cales Galicia e os seus portos están condenados ao desastre: inmediata presentación do plan director do Corredor do Atlántico por parte do Ministro de Fomento; saída a exposición pública do estudo informativo previo da Saída Sur de Vigo antes de que finalice o ano por parte do Ministro de Fomento; desbloqueo e impulso do porto seco de Monforte por parte da Xunta de Galicia e modernización da liña Ferrol/A Coruña - Lugo - Monforte, por parte do ministro de Fomento nunha acción que pode ser concertada coa Xunta de Galicia.
Xóan Vázquez Mao, secretario xeral do ‘Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular’, atende a Galiciapress para debullar o enfado da entidade co informe elaborado do CES -que presenta hoxe a Xunta- e expoñer a situación na que se atopa o Corredor. “Só falta a ratificación do Parlamento Europeo e os estados membros; este informe de la Xunta só desestabiliza un tema que xa conta co visto e prace”, advirte.