UE

​As diferenzas entre os membros da UE para os fondos de recuperación son “moi grandes”, avanza Merkel

A chanceler alemá disipou toda dúbida sobre as negociacións entre “os 27” e adiantou que o pulso entre os países de norte e centro Europa e os do sur, máis castigados pola crise sanitaria e económica, vai ser longo. As diferenzas actualmente son “moi, moi grandes” e as negociacións “moi difíciles”, insistiu Merkel.

​Tender pontes de norte a sur nunha Europa fragmentada, obxectivo do cume entre os líderes da UE

Os xefes de Estado e de Goberno dos membros da Unión Europea prepáranse para un encontro no que tentarán salvar as enormes diferenzas existentes a día de hoxe no referido ás axudas para a recuperación económica pola crise derivada do coronavirus. As formulacións dos países máis afectados, os do sur, chocan coas trabas dos 'falcóns' europeos, remisos a un novo rescate económico.

A vicepresidenta terceira do Goberno, a galega Nadia Calviño, será candidata á presidencia do Eurogrupo

A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta. 

​España está disposta a atrasar a idade de xubilación para recibir axudas da Unión Europea

A crise económica que acosa a España, do mesmo xeito que ao resto de países da súa contorna, obriga ao Goberno central a preparar un plan de axuste para levalo ante a Comisión Europea. O obxectivo é lograr o visto e prace do organismo continental para desbloquear unha partida que podería alcanzar os 140.000 millóns. 

O Goberno de España e o coronavirus

Resulta natural que un goberno novo e plural con escasa ou nula experiencia de goberno precise dun certo período de axuste para facerse cargo das pancas de poder, para delimitar claramente as responsabilidades individuais e colectivas e para poñer en marcha a engrenaxe dunha nova distribución de responsabilidades nos distintos ámbitos da administración pública.

O sector marisqueiro galego poderá optar ás axudas do fondo europeo de pesca ante o coronavirus
A Xunta insiste en reclamar ao Goberno a exclusión do marisqueo de entre as actividades esenciais tras a súa esborralle de vendas
Non haberá "coronabonos" para recuperarse do COVID pero si 540.000 millóns en préstamos


Alemaña impide que a Unión Europea emita débeda avalada polo conxunto de países. Agora ben, Angela Merkel cede noutros puntos para facilitar que España, Italia e outros países máis afectados poidan recibir diñeiro prestado sen que a cambio teñan que executar os durísimos recortes impostos por Bruxelas tras a crise do ladrillo. 

​E se quero viaxar a Gran Bretaña ou buscar traballo alí? As grandes dúbidas e respostas do Brexit

A saída definitiva do Reino Unido da Unión Europea deixan no aire os plans de moitos españois, que ven en cruzar a Canle da Mancha como unha oportunidade, tanto de lecer como de futuro. Hoxe, 1 de febreiro, Gran Bretaña xa non pertence a efectos legais á UE, pero isto non condiciona a vida dos estranxeiros que residan ou que visiten as illas…de momento.

As galegas gañan case 5.500 euros menos que os seus compañeiros e a UE promete "unha nova estratexia" contra a brecha salarial

A Comisión europea comprometeuse este luns ante o Parlamento europeo a atallar a brecha salarial entre homes e mulleres, que en Galicia sitúase ao redor dos 5.500 euros anuais, e prometeu ter lista unha nova estratexia de Igualdade para o mes de marzo.


Os diputados do seu partido poden finiquitar hoxe a May agravando a crise do Brexit

A primeira ministra británica afronta unha moción de censura por parte do núcleo forte dos tories.

​Brexit, ou con USA ou con UE

O aviso ao Reino Unido do inefable presidente Trump foi inequívoco: ou connosco (USA) ou con eles (UE).

Galicia é a segunda comunidade con menos segregación escolar

Un estudo pon de manifesto que España atópase entre os países da UE cunha Educación Secundaria máis segregada.

​Cash Controls: Seguridade e Transparencia nas fronteiras da UE

O proxecto de Regulamento sobre controis de entrada ou saída da UE avanza na loita contra o branqueo de diñeiro e o financiamento da criminalidade.


Ecoloxistas reclaman límites para unha pesca sostible en 2018

Preténdese lograr a recuperación dos stocks pesqueiros e o equilibrio do ecosistema, fomentar o emprego no sector e aumentar os ingresos

Unión Europea de 98 estados...?

Segundo Juncker, se xa é difícil o funcionamento da UE con 28 países, sería imposible con 98 estados membros.


A UE pon a Google unha multa récord de 2.420 millóns de euros

O buscador, "en desacordo" con Bruxelas, considera apelar a multa por "abuso de posición dominante"


A Unión Europea despídese do 'roaming'

Os usuarios de telefonía móbil poderán chamar e conectarse a Internet "como na casa", aínda que facendo "un uso razoable". 

Asociacións galegas de transporte demandarán a fabricantes de camións tras a sanción da UE

O presidente de Fetram asegura que toman esta decisión "ante o importante agravio causado" aos seus asociados.

A UE a 27 aproba as condicións para o Brexit sen mencionar Xibraltar

Non hai unha data concreta para o arranque formal, aínda que Bruxelas traballa coa hipótese de que sexa en torno ao 19 de xuño.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE