As fronteiras españolas ábrense este sábado para quince países e ningún deles pertence á UE. Algúns, como China, Marrocos ou Alxeria, aínda que figuran na lista de países coas que España levanta as restricións para viaxar, quedan suxeitos ao principio de reciprocidad.
Os países pertencentes ao espazo Schengen serán os máis beneficiados desta reapertura de fronteiras. Con todo, aínda non está claro que outros países poderán beneficiarse deste levantamento das barreiras fronteirizas, o que provocou certa inquietude nos países máis golpeados pola pandemia, medorentos de novos brotes.
España entrará o próximo 21 de xuño na nova normalidade co fin do estado de alarma a pesar de que moitas zonas non culminarían para entón as fases da desescalada. Ante esta situación Feijóo propuxo medidas para restrinxir a mobilidade, pero esta petición atopou a súa réplica tanto dentro do seu propio partido como dentro da comunidade, con Isabel Díaz Ayuso e Abel Caballero cargando contra o presidente da Xunta.
Mentres os seus compañeiros de comercio vanse reincorporando, o futuro é moito máis incerto para os traballadores de Viaxes O Corte Inglés (Vecisa). A empresa aprobou un segundo ERTE mediante unha "fraude de lei", segundo denuncia Comisións Obreiras.
Galiciapress entrevista a José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, que rexeita de pleno a proposta da Xunta de aplicar un sistema de cita previa para as praias, pide máis recursos á administración autonómica e expón os distintos puntos nos que traballa o seu goberno nesta crise. “As praias son un ben público e calquera cidadán ten dereito a acceder a elas. Non imos dar preferencia a ninguén”, argumenta.
Cos primeiros días de calor empuxando a moitos á costa e a piques de saber se Galicia pasará á fase 2 da desescalada –que supón o fin das restricións nas zonas de baño– Galiciapress contacta cos gobernos dalgúns dos municipios máis turísticos de Gaiicia para saber como están a xestionar esta crise que lles obriga a facer malabares para manter o difícil equilibrio entre garantir a seguridade cidadá e manter á boia unhas economías tan vinculadas ao turismo.
De aceptar o Goberno de España a petición, miles de madrileños probablemente non poderán vir veranear á costa galega, polo menos en xuño
A entidade pon de relevo a situación crítica que vive o turismo polos problemas derivados da crise do coronavirus. Ante esta situación extraordinaria, no Eixo Atlántico puxéronse ao choio para planificar os días que virán unha vez superada a pandemia co fin de reactivar o sector turístico.
A pandemia pillou ao Goberno de Galicia no medio dos preparativos do Ano Santo, que promete ser o máis importante da historia de Galicia polo volume de turistas e de proxección internacional, e co pé cambiado, ao non ter a punto a xoia da coroa: a Catedral de Santiago.
Ás portas do Ano Santo, Galicia comeza os preparativos para o Xacobeo coa vista posta no covid-19. A expansión da enfermidade a nivel internacional –só en España son xa case medio centenar de contaxiados- preocupa e moito ao turismo galego, mentres que as bolsas acumulan constantes caídas nas últimas semanas.
Turismo de Galicia abriu este luns o prazo para solicitar a participación no programa 'Elixe Galicia', unha iniciativa que, durante este ano e o próximo, ofertará case 13.000 prazas en 41 itinerarios financiados para que os galegos gozar do turismo interno en tempada media ou baixa.